off

O 28-A é apenas a “primeira volta”?

by

Galiza vira para o PSOE. Pola primeira vez os socialistas  vencen en Pontevedra. O BNG e o resto de forzas  próprias do país deberán interpelarse con modestia perante a evidencia que moitos galegos continuan asumindo discursos foráneos como próprios ainda que leven Galiza á insignificancia

Pasaran  38 anos. O PSOE ten sido a forza mais votada, una vez que alcanzou 10 asentos – mais 4 que 2016 – e por primeira vez na história da democracia, gañou na demarcación de Pontevedra. Serviu de pouco, tendo en conta estes resultados, a intervención encampaña do ex-presidente do goberno español Mariano Rajoy, nascido na Galiza. O PP -roido por Vox e Cs- foi colocado como segunda forza e pasaran de 12 para 9 deputados ( a dereita extrema, o PP e Feixoó argallaron unha campaña agresiva contra o independentismo catalá, porén, nen Catalunya é primeira preocupación de moitos galegos e a isca de descarga emocional  mostrou que ten pouco percorrido). Encanto Podemos obten un resultado ruin, xa que caiu de 5 para 2 asentos, os mesmos que alcanzou Ciudadanos, que por primeira vez obtén representación en Galiza.

A invisibel realidade galega precisa unha reflexión urxente

Galiza non existiu nestas eleicións: o estatalismo impúxose con cinco forzas políticas. Nen Galiza, nen o mundo, nen que vimos dunha crise brutal na que ainda estamos instalados (nen reflexión sobre a reforma laboral, nen financiamento e competencias, nen salarios e impostos ás rendas altas cando a presión fiscal afecta só ás clases asalariadas e precarizadas, nen medio ambiente, etc). O BNG  duplica o número de votos – e sobretodo, porcentaxe- con respecto a 2016 mas non alcanza representación en Madrid. A escisión pasa factura e afunde a En Marea, que deberá ollar o BNG e as forzas de esquerda próprias do país. Notemos que nen a suma aritmética dos 17.700 votos de En Marea (1,1%) e os 2.700 votos de CXG (0,17%) servirian para ter representación. Con modéstia e man dada perante a evidencia de que a maioría social galega continua asumindo discursos foráneos como próprios. Quen sabe se iso nos dá algunha pista sobre eleicións municipais  e as europeas  que chegan agora. O 28-A é apenas a “primeira volta”?

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: