off
Cinema — 19 Abril, 2019 at 6:41 a.m.

Oliver Laxe participará en Cannes co filme “O que arde”

by

Coproducido pola Televisión de Galicia, de Agadic,  da Deputación de Lugo a través da Fundación TIC, participará na sección paralela “Unha certa ollada” (Un Certain Regard) . A comezo de 2017, Oliver Laxe organizou un cásting en Navia de Suarna para atopar actores e actrices non profesionais para interpretar os papeis principais do filme:  un pirómano que acaba de saír da cadea e a súa nai. O filme de Laxe retrata a volta a casa dun pirómano  logo de pasar polo cárcere. Amador Arias e Benedicta Sánchez son os protagonistas desta relación entre nai e fillo na que a forza está no que os seus rostros mostran.

 

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off