off

A teima do PSOE en negar o dereito á autodeterminación colócao ao nível do “trifachito”

by

O do PSOE non é un programa eleitoral de quen queira negociar co independentismo, nen para abrir un diálogo sobre o conflito entre Calaluña e España nen sequera para unha reforma federalizante da constitución. No programa eleitoral do PSOE, concretamente no ponto 4.2 na páxina 146, rexeita explícitamente a autodeterminación. Con calculada ambiguidade, o PSOE rexeita así calquera entendimento cos partidos que o defenden aquén e alén Catalunya. Confuso, dubidoso e incerto é afirmar perante o que denomina “crise do modelo territorial” aspirar a”un funcionamento máis integrado do modelo, de forma que a maioría da poboación de todos os territorios se sinta partícipe” (porén, esa arela “participante” esgótase en si mesma: non hai programa eleitoral en galego e, o que ainda é pior, ningunha referencia a Galiza).

Por se non ficara claro, tamén o explica cunha frase que combina a autodeterminación co artigo 155, como se tivesen a mesma fasquía: “nen desde o dereito de autodeterminación nen desde un estado de excepción territorial permanente a través de do artigo 155 CE se pode construír o futuro». Deste xeito, procurando nivelar un dereito reclamado históricamente polos pobos e un artigo represivo da constitución española, Sánchez e o PSOE queren situarse nunha falsa equidistancia entre o independentismo e a ranzosa dereita española. Mas ao negar o dereito á autodeterminación ponse ao mesmo nivel que PP, Cs e Vox. Non significa que sexan iguais, mas coinciden.
Un incauto Sánchez teima en dicir que a súa man non tremecería se fose conveniente volver aplicar o 155.É o que ten substituir a democracia polo fetichismo demoscópico.Seica as enquisas prevén unha fácil vitoria do PSOE que aventa esta fasquia de superioridade, aínda que o día 28 vamos ver se estas previsións favorabeis son cumpridas. A intención dos socialistas é gobernar sen ter que negociar o apoio dos independentistas. Con este programa eleitoral non hai dúbida que o fia todo ao sempre disponíbel PNB…ou Podemos. Noentanto, a ministra Batet xa avanzou “que non podemos descartar nada neste momento”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off