off
Comunidades Galegas, Necrolóxicas — 16 Abril, 2019 at 11:18

Finou Darío Rivas, o galego que impulsou demanda contra os crimes do franquismo

por

A súa vida foi costurada para dar xustiza aá morte de seu pai e a millares de asasinados e represaliados polo franquismo

Darío Rivas e Nora Cortiñas, cofundadora da asociación Nais de Praza de Maio, na presentación da demanda en Buenos Aires.

Non é por min que eu fago iso”, afirmaba ao xornal Clarín . É para os millares que teñen seus seres queridos enterrados en fosas comuns “. O caso caiu no tribunal da xuiza Servini de Cubría. Foi a primeira vez que un xuiz arxentino aplicaba o princípio da xurisdición internacional por crimes cometidos no exterior. A Constitución da Arxentina acéptao desde 1853. O lucense Darío Rivas con Inés García Holgado – a outra demanante – pediu  en 2010 à Xustiza Federal  arxentina que abrise unha investigación sobre catro casos específicos de asassinatos. As do pai de Rivas, alcalde socialista de Castro de Rei, e as do avó e dous  tios dela. A súa esperanza era  que esess casos fosen apenas os primeiros. Porque  franquismo asasinaba e deitaba os cadáveres en anónimas fosas comuns.

Os restos mortais de seu pai foran exumados en 2005 pola Asociación para a Recuperación da Memória Histórica, que personara con ele xunto con grupos e activistas de dereitos humanos: as nais e avós da Plaza de Mayo  e o Premio Nobel da Paz, Adolfo Pérez Esquivel, entre outros.

A queixa apresentada en 2010 tiña 70 páxinas na procura de xustiza de Rivas e tamén pedía a investigación de millares de asassinatos e desaparecimentos ocorridos entre 17 de jullo de 1936, un dia antes da revolta militar liderada polo Franco contra o lexítimo goberno republicano, e en 15 de xuño de 1977, cando foran realizadas as primeiras eleicións da denominada transición, que comezaran coa morte de Franco en 1975. Nese período, de acordo coas denúncias, habia 113.000 persoas desaparecidas e asasinadas.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: