off
Galiza, Imprensa — 13 Abril, 2019 at 11:12

Defende A Galega gaña o XV Premio Xosé Couso de Liberdade de Prensa

por

O Decano do CPX, a presidenta do Club de Prensa de Ferrol  Xulia Díaz e Dario Janeiro deron a coñecer  esta mañá o gañador do prestixioso premio en Ferrol. O colectivo de traballadores e traballadoras da CRTVG que loitan contra a manipulación e censura no medio público galego a través da plataforma  Defende A Galega son os gañadores da XV edición deste galardón,  candidatura eleita entre as diversas propostas presentadas : o Diario de Mallorca’ e as delegacións baleares de Europa Press e Efe; a xornalista Carole Cadwalladr​ e o xornalista Juan Moreno. Esta sexta feira foi a do 47 ‘Venres Negro’, unha acción que este colectivo vén impulsando vestindo de negro como símbolo de loito polo control político sobre a CRTVG.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza e o Club de Prensa de Ferrol crearon este premio en homenaxe do cámara ferrolán José Couso, asasinado polos nun tanque estadounidense contra o Hotel Palestina de Bagdad o 8 de abril de 2003, mentres cubría o conflicto bélico en Iraq

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: