off

Pedro Sánchez (PSOE) tamén predica o que non practica

by

Cabezas de lista de partidos en prisión «provisoria”, encanto Pedro Sánchez debate coa extrema dereita na televisión privada,en Atresmedia (Antena3+LaSexta),un dos principais megáfonos de Vox.Si os inquéritos o confirman, a vitoria de Pedro Sánchez será baseada no harakiri político de Ciudadanos

O PSOE  fletou autobuses contra a investidura do goberno andaluz pola alerta antifascista ante a presenza de Vox e agora Sánchez privilexia o debate a cinco para que esté  Vox na tele privada con desprezo dos meios publicos. A Xunta Eleitoral Central  deulle a razón a TVE por ter excluido a Vox do seu debate eleitoral proque é un partido sen representacón parlamentar. Malia o argumento, o PSOE preferiu o debate de Atresmedia coa excusa de que na privada habería participación de Vox. A decisión é grotesco:o partido do actual presidente do goberno español rexeita mesmo a tese  de quen regla as normas do xogo e de retruque, desprezar a televisión pública do seu país. Todos eles pregan algo que está nas antípodas do que pratican: o desexo de descentralización da administración, e funcionários públicos en particular.  Levando en conta a xenética e práctica política dos políticos actuais, a suspensión de transferencias goberne quen goberne, a recentralización de competencias, as ameazas de reducir o estatus da lingua galega e a tradición do funcionariado público, o ceticismo cresce.

O eleitoralismo non ten cancelas: fomenta a división de Vox, PP e Ciudadanos e procura a foto do candidato Sánchez liquidando a dereita cando hai pouco era un zombi político. A dereita extrema abriulle o camiño. Este precedente supón que Vox é ao Psoe o que Podemos ao PP. Ciudadanos paga agora a foto na  praza Colón e ter dito que non pactaria nunca co Psoe. Vox convidado ao debate porque divide a direita e mobiliza o eleitorado do Psoe. E daqui,  a unha canle privada e a invención dun critério: afirma o PSOE que quer un debate com “partidos que apresentan candidaturas entodas as províncias e que, de acordo coa pesquisa do CIS, superen 10% das intencións de voto nacionais”. . Casado, Rivera e Abascal (e Valls) partillaran unha manifestaçcion na Praçza Colón e Sánchez quere  guindarllo na cara. Que o debate é a estrea da ultra-dereita é unha minucia  en comparanza coa possibilidade de gañar as eleicións. Obrigado, PSOE. Se un dia a dereita e a extrema dereita xuntas gañan, lembrade o dia en que o PSOE  lle puxo o tapete a Vox.

Noentanto,  cabezas de lista de partidos en prisión “provisoria», sen poder facer efectiva a participacion politica, prohibindo o debate en Soto del Real. Chaman iso de democracia frente a indiferenza xeral. Surprende como se foi normalizando  no estado español a idea de que as normas só se apliquen aos meios públicos. Se vai Vox por qué non vai o PNB, ERC, o BNG ou as Mareas?  Os debates non deberian ser de obrigado cumprimento para que o cidadáns coñeceran os programas? Non é unha exixencia democrática básica? Debates cruzados e  con fórmulas diversas que garantan un punto de saída semellantes. O dereito á información, u-la? Deberíamos exixir, agora que non hai apenas mitins e cartelaria, que os debates fosen obrigatorios nas televisións.

Fica nídio que o feito de dar por descontado que cando dín “estado” queren dicir a súa capital. Que o quimérico federalismo polo que claman os partidos nacionalistas españois se torne pouco críbel. O caso é que con este “constitucionalismo” o de Catalunya será un plebicisto contra o devalante rexime do 78.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off