As Montañas do Courel foran designadas oficialmente en París, Xeoparque Mundial da UNESCO. O primeiro en Galiza grazas ao esforzo de colectivos e veciñanza que levaban traballando no proxecto desde 2009. Unha oportunidade de desenvolvemento a partir de recursos únicos como á dobra xeolóxica situada en Quiroga , no sinclinal de Campodola-Leixazós, unha formación xeolóxica con 500 millóns de anos de historia que se conserva prácticamente intacta e que mostra o proceso xeolóxico que aconteceu na Galiza interior durante millares de anos.
En decembro de 2017 presentábase oficialmente a candidatura a Xeoparque Mundial da UNESCO do proxecto Montañas do Courel, unha iniciativa conxunta dos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel. A Unesco define e califica como Xeoparque Mundial un territorio que apresenta un patrimonio gxeolóxico notabel que se caracteriza por impulsar o seu desenvolvimento social yeeconómico a través da promoción turística. Para poder acadalo, é preciso contar cun monumento natural como elemento fulcral.
Oroxenia Varisca Europea
A Oroxenia Varisca Europea é unha grande cordal que domina o centro e o sudoeste do continente. Foi uma consecuencia da colisión de dous super-continentes (Laurasia e Gondwana), onde se localizaban as zonas continentais e as microplacas de Armorica e Avalonia – entre outras -, no final do paleozoico.
A sección mais completa desta Oroxenia situase na parte ocidental da Península Ibérica, na zona sul do Arco Ibérico-Armoricano, e representada polo Macizo Ibérico. As principais estruturas dese macizo foram criadas pola Oroxenia Varisca, embora houbese deformacións prévias e posteriores que moldan a actual situación xeológxica. De acordo coa definición clásica das zonas paleogeográficas do Macizo Ibérico, na cadeia montañosa de Courel duas zonas están representadas: a Zona Oeste Asturiana-Leonesa (WALZ) e Zona Centro-Ibérica (ZIC). O primeiro é constituído polo domínio de Courel (CD) e ocupa aproximadamente o terzo norte do território. O resto pertence á Zona Centro-Ibérica (ZIC) e, dentro desta, ao “Ollo de Sapo ”(OSD) e mais precisamente ao sector de Courel-Peñalba. Os limites entre estas zonas paleogeográficas ou mesmo entre domínios son moitas vezces definidos através de grandes fallas de significancia rexional, criando controvérsia científica: alguns autores propuseran mudanzas na posición dos limites ao longo do tempo”afirmase no Annexo 2 do relatorio.