off

Julian Assange foi detido nesta quinta-feira

by

Ecuador retirou asilo político, convidou a polícia británica a entrar na embaixada e Assange foi “imediatamente detido”. EUA xa enviara ao Reino Unido un pedido de extradición. Os avogados advirten que a liberdade de prensa está en perigo.”Este precedente supón que calquera xornalista pode ser extraditado para ser xulgado en Washington por publicar certa información sobre os Estados Unidos”

Julian Assange, fundador do site WikiLeaks, foi detido nesta quinta-feira, na embaixada do Ecuador en Londres, onde vivia hai case sete anos.  En 2012, Assange requereu asilo xunto do Goberno equatoriano para evitar ser extraditado para a Suécia, onde seria xulgado por crimes sexuais, que sempre negou ter cometido. A xustiza sueca arquivou o caso en Maio de 2017, mas o fundador da WikiLeaks continuou na embaixada ecuatoriana. O prolongamento da estadia debeuse ao facto de os EUA continuaran a investigar o site – debido á divulgación de millares de documentos confidenciais en 2010 e polo seu papel na divulgación de e-mails do partido democrata e de Hillary Clinton durante as presidenciais norte-americanas de 2016 – o que alimentaba a hipótese de ser detido polas autoridades británicas e extraditado.Assange foi detido por violación das condicións de liberdade condicional. Segundo a Xustiza británica, o fundador da WikiLeaks violou esas condicións ao refuxiarse na embaixada do Ecuador en 2012, cando as autoridades estaban ainda a analisar un pedido de extradición feito pola Suecia, nunh investigación por suspeitas de agresión sexual. Nun comunicado, a Polícia Metropolitana de Londres di que os axentes entraran na embaixada “a convite do embaixador, depois de o Goberno do Ecuador ter retirado a concesión de asilo” ao australiano.

Os avogados de Julian Assange advertiron que a súa detención pon en perigo a liberdade de prensa. Despois de deixar a comisaría de Londres onde está detido, o avogado fundador de Wikileaks confirmou que os Estados Unidos pediron a extradición por un delito de conspiración. Jennifer Robinson advertiu do precedente que significaría que acababa de avanzar.

Este precedente supón que calquera xornalista pode ser extraditado para ser xulgado en Washington por publicar certa información sobre os Estados Unidos, afirma a avogada  de Julian Assange, Jennifer Robinson

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off