off
Galiza — 10 Abril, 2019 at 8:24 a.m.

150 persoas da cultura piden o apoio para a candidatura do BNG

by

“Na España mediática, a Galiza coa súa personalidade e as súas necesidades e organizacións non existe” afirman as 150 persoas que dos diferentes campos da creación literaria apoiaron Aquí e Agora, para ter voz propia’, o manifesto de apoio á candidatura do BNG nas elección xerais do 28 de abril.

Nomes do cinema, da música, da literatura, o teatro, a pintura, o activismo cultural ou a memoria histórica súmanse a este documento, que foi presentado ao público en Compostela pola escritora Ana Cabaleiro, o escritor e ensaísta Suso de Toro, a actriz Iria Piñeiro e o director de cine, Alfonso Zarauza.

“E por iso queremos mostrar o noso apoio a unha candidatura que non nos ofrece dúbida de que é progresista, soberana e nacional galega. Non podemos ignorar o estarmos dentro dun contexto de reforzamento do centralismo madrileño, o dominio case absoluto dos medios de comunicación cortesáns crea un imaxinario e uns debates controlados desde alí que exclúen a nosa mesma existencia como persoas e como país”

Entre os asinantes Margarita Ledo, directora de cine e xornalista, as escritoras María Reimóndez, Marta Dacosta, Mercedes Queixas,Vitor Vaqueiro, Lois Dieguez, Camiño Noia e Antón Riveiro Coello, as músicas Ugia Pedreira, Miro Casavella, “Jasper Nao”, Caxade e Xurxo Souto, Mago Antón,  os profesores da UdC Xosé Ramón Freixeiro Mato,Laura Tato, María do Carmo Fernández Pérez, Mar Pérez Fra,  Carlos Caetano Biscainho-Fernande, o sociólogo Manuel Monge e o economista Ramón López Suevos.

“A democracia constrúese de abaixo a arriba e na nosa situación comeza por termos organizacións soberanas propias. O abandono dese principio democrático básico conduce á nosa indefensión, non haberá liberdades para quen viva aquí nin defensa dos nosos intereses fronte a un expolio histórico continuado”

 

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: