off
Galiza, Historia — 5 Abril, 2019 at 12:24

A Ribeira Sacra xa é candidata a Patrimonio da Humanidade da UNESCO

por

O Ministerio de Cultura aproba a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Unha iniciativa que nacendo de asociacións e colectivos acabou por involucrar as institucións. Decidirase en 2021, no 45º Comité de Patrimonio Mundial.

Aprobouno esta sexta feira  por unanimidade o Consello de Patrimonio Histórico do Ministerio de Cultura. “É unha expoñente de grande importancia cultural”, comunicou un alto cargo do Goberno central. “É un lugar de espiritualidade na contorna dos vales do Sil e o Miño” que atinxe  22 concellos, posúe unha gran riqueza vitivinícola que vén da época romana e nas súas paisaxes hai mostras da mellor arquitectura románica, “un conxunto de mosteiros, conventos, igrexas, capelas e cruces de pedra que, pola súa variedade e densidade, forman un espazo cultural único no mundo, exemplo do monaquismo primitivo que se desenvolveu a finais do século IV”.

Galiza conta con 4 recoñecementos deste Comité da Unesco: a cidade vella de Compostela, o Camiño de Santiago -que atinxe igualmente os treitos externos-, a muralla romana de Lugo e a Torre de Hércules.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: