off
Cedeira, Festas, Política local — 5 Abril, 2019 at 8:25 a.m.

A contabilidade paralela do PP cando gobernou en Cedeira

by

Segundo o informe de intervención contabel do Concello de Cedeira, o PP gobernou do 2011 ao 2015 cunha contabilidade paralela á municipal e que o actual goberno está a avaliar e consultar si cabería iniciar un procedemento xudicial. O PP resposta, mas non achega datos contables que contradigan o informe


Na sesión plenaria celebrada o día 1 de abril de 2019, o goberno municipal de Cedeira (PSOE, BNG e ANOVA) deu conta do informe solicitado á intervención municipal en aras da total transparencia do erario público, de data 12/06/2018 no que se incluían entre outras, as seguintes cuestións: importe dos ingresos por donativos e por taxas de ocupación das barracas das festas patronais entre os anos 2011 a 2017 e contabilidade, importe anual polo ingreso da taxa das máquinas expendedoras de café instaladas no Concello, polideportivo, local da praza Roxa usado como centro social de maiores durante os anos 2011 a 2018. O resumo dos datos económicos relativos aos ingresos por donativos e taxas de ocupación das barracas das festas patronais foi o seguinte

Ano Ingreso taxa barracas   Ingreso por donativos     Total Ingresos
2011
2012
2013
2014
2015 16.809,18 10.515,50  27.324,68
2016 11.186,26 4.095,00 15.281,26
2017 8.683,25 8.683,25
2018 10.937,91 10.937,91

Nos datos expostos cabe sinalar que no 2014 e no 2017 houbo comisión de festas e que no 2018 o goberno municipal decidiu non solicitar donativos, feitos sempre a través de ingresos bancarios aos negocios locais como si tiña feito no 2015 e no 2016)

A falta de ingresos no Concello nos anos 2011, 2012 e 2013 (no 2014 houbo comisión de festas) fixo que se lle preguntara ao Partido Popular polos mesmos, que clase de xestión fixeran dos cartos recadados neses anos no seu mandato e como sendo o Concello o organizador das festas non houbera un só ingreso nas arcas municipais. A resposta final do portavoz popular foi que fora Protección Civil quen se encargara de todo.

En canto á contabilidade dos ingresos das máquinas expendedoras de café, preguntado o Partido Popular si eran coñecedores de que no polideportivo municipal durante o seu mandato (2011-2015) o responsable das máquinas pagaba 100 euros que nunca constaron nos ingresos do Concello, o na altura concelleiro de Deportes, afirmou que era coñecedor, mas que era unha práctica que existía anteriormente e que se seguiron ingresando en man no polideportivo municipal e que con eses cartos se pagaban por exemplo trofeos, dos que  non consta ningunha factura no Concello que o confirme. Preguntados polos 10 céntimos que cobraba a persoa que acompañaba aos maiores no local da praza Roxa por cada café que se quitaba da máquina alí instalada,  tampouco negaran coñecemento do cobro, mesmo foi o xustificado a pesar de que a persoa en cuestión cobraba un salario do Concello en calidade de asesoramento.

O PP resposta, mas non achega datos contables

Os populares  emitiran comunicado no que desminten a acusación afirmando ser unha “cortina de fume” por estarmos en período eleitoral, mas non achegan a contabilidade que entre en contradición cos donativos e taxas de ocupación das barracas das festas patronais entre os anos 2011 a 2014 que o Concello de Cedeira vén de facer públicos Segundo fontes consultadas, o portavoz do PP, Luis Rubido, alegou que fora Protección Civil quen se encargara de todo durante os tres anos (2011, 2012 e 2013) nos que o goberno municipal estivo ao fronte das festas e dos que non existe nin un só ingreso en relación aos mesmos nas arcas municipais.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off