Segundo o informe de intervención contabel do Concello de Cedeira, o PP gobernou do 2011 ao 2015 cunha contabilidade paralela á municipal e que o actual goberno está a avaliar e consultar si cabería iniciar un procedemento xudicial. O PP resposta, mas non achega datos contables que contradigan o informe
Na sesión plenaria celebrada o día 1 de abril de 2019, o goberno municipal de Cedeira (PSOE, BNG e ANOVA) deu conta do informe solicitado á intervención municipal en aras da total transparencia do erario público, de data 12/06/2018 no que se incluían entre outras, as seguintes cuestións: importe dos ingresos por donativos e por taxas de ocupación das barracas das festas patronais entre os anos 2011 a 2017 e contabilidade, importe anual polo ingreso da taxa das máquinas expendedoras de café instaladas no Concello, polideportivo, local da praza Roxa usado como centro social de maiores durante os anos 2011 a 2018. O resumo dos datos económicos relativos aos ingresos por donativos e taxas de ocupación das barracas das festas patronais foi o seguinte
Ano | Ingreso taxa barracas | Ingreso por donativos | Total Ingresos |
2011 | |||
2012 | |||
2013 | |||
2014 | |||
2015 | 16.809,18 | 10.515,50 | 27.324,68 |
2016 | 11.186,26 | 4.095,00 | 15.281,26 |
2017 | 8.683,25 | 8.683,25 | |
2018 | 10.937,91 | 10.937,91 | |
Nos datos expostos cabe sinalar que no 2014 e no 2017 houbo comisión de festas e que no 2018 o goberno municipal decidiu non solicitar donativos, feitos sempre a través de ingresos bancarios aos negocios locais como si tiña feito no 2015 e no 2016)
A falta de ingresos no Concello nos anos 2011, 2012 e 2013 (no 2014 houbo comisión de festas) fixo que se lle preguntara ao Partido Popular polos mesmos, que clase de xestión fixeran dos cartos recadados neses anos no seu mandato e como sendo o Concello o organizador das festas non houbera un só ingreso nas arcas municipais. A resposta final do portavoz popular foi que fora Protección Civil quen se encargara de todo.
En canto á contabilidade dos ingresos das máquinas expendedoras de café, preguntado o Partido Popular si eran coñecedores de que no polideportivo municipal durante o seu mandato (2011-2015) o responsable das máquinas pagaba 100 euros que nunca constaron nos ingresos do Concello, o na altura concelleiro de Deportes, afirmou que era coñecedor, mas que era unha práctica que existía anteriormente e que se seguiron ingresando en man no polideportivo municipal e que con eses cartos se pagaban por exemplo trofeos, dos que non consta ningunha factura no Concello que o confirme. Preguntados polos 10 céntimos que cobraba a persoa que acompañaba aos maiores no local da praza Roxa por cada café que se quitaba da máquina alí instalada, tampouco negaran coñecemento do cobro, mesmo foi o xustificado a pesar de que a persoa en cuestión cobraba un salario do Concello en calidade de asesoramento.
O PP resposta, mas non achega datos contables
Os populares emitiran comunicado no que desminten a acusación afirmando ser unha “cortina de fume” por estarmos en período eleitoral, mas non achegan a contabilidade que entre en contradición cos donativos e taxas de ocupación das barracas das festas patronais entre os anos 2011 a 2014 que o Concello de Cedeira vén de facer públicos Segundo fontes consultadas, o portavoz do PP, Luis Rubido, alegou que fora Protección Civil quen se encargara de todo durante os tres anos (2011, 2012 e 2013) nos que o goberno municipal estivo ao fronte das festas e dos que non existe nin un só ingreso en relación aos mesmos nas arcas municipais.