off
Galiza, Movementos sociais, Política — 31 Marzo, 2019 at 11:58 a.m.

O Encontro nacional aberto do BNG ateiga o Auditorio de Galiza

by

Ana Pontón: “A eleición non está entre unha dereita botada ao monte e unha esquerda que non foi quen de derogar a LONCE nen a lei mordaza nens a contrarreforma laboral cando tiña os votos para facelo. Non podemos deixarnos enganar de novo.”


Cheo até a bandeira no Encontro Nacional Aberto que este derradeiro domingo de Marzo desenvolveu o BNG no Auditorio de Galiza en Compostela como arranque de campaña. Un acto festeiro e multitudinario (unhas 1500 persoas segundo os organizadores) que abriron os humoristas  Isabel Risco e Quico Cadaval, avanzo dunha xornada que se albiscaba subida de temperatura e de crecente entusiasmo.  O discurso inaugural  de Ana Miranda, deputada no Parlamento Europeo, deu paso ao breve parlamento dos candidatos e candidatas municipais, entre eles Cristina Cid, candidata por Allariz, e Miguel Fernánadez Lores, alcalde de Pontevedra, ambos e dous concellos modelo da xestión do BNG

“As forzas políticas estatais andan moi frustradas en Pontevedra. Están arrabeadas, irrítanse, perden os papeis, ao ver que Pontevedra progresa, avanza, mellora con un modelo propio e xenuíno. Un modelo enxebre, totalmente galego” , afirmou Fernández Lores

Ana Pontón e Maria Xosé Rodríguez, candidata á alcaldia de Cedeira

Foran pasando polo cenario a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, o candidato por Ourense Xosé Luís Seara, pola Coruña Francisco Jorquera, Goretti Sanmartín por Compostela,  Ivan Rivas, candidato por Ferrol, Iago Tabarés por Ourense e Xabier P. Igrexas por Vigo. A seguir  o candidato ao Congreso pola Coruña, Nestor Rego, que expresou que “xa testamos o sucursalismo de PP e Psoe e o novo sucursalismo da nova política”, Maite Ferreiro por Lugo,Iago Tabarés por Lugo e Maite Ferreiro por Pontevedra.

“Na España das reformas laborais e pensións conxeladas goberna a esquerda, e no Ferrol dos estaleiros pechados por orden ministerial e gobernos locais que entregan contratos millonarios a transnacionais goberna a esquerda, e ademais a radical” dixo Ivan Rivas, candidato por Ferrol

A eurodeputada Miranda afirmou que “somos nacionalistas e internacionalistas. Desde Galiza estamos con todas as causas xustas e con todos os pobos irmáns: o Sáhara, o Curdistán, Palestina e América Latina. Defendemos a soberanía dos pobos e o seu dereito a decidir libremente o seu futuro”, acrescentando que “desde o Parlamento Europeo traballamos arreo para termos unha tarifa eléctrica propia, galega, para atender a realidade das industrias electrointensivas como Alcoa”

Encerrou este Encontro Nacional Aberto a portavoz Ana Pontón, visibibelmente emocionada, afirmando que é o momento de facerse repeeitar e de garantir en Madrid e Bruxelas que Galiza terá unha voz que a a defenda, tamén nos concellos, nas vindeira eleicións, xerais, municipais e europeas. Pontón apuntou que o BNG está  nunha boa situación para dar un grande salto adiante e que cómpre facelo posibel  para articular “unha mudanza  real para Galiza e facernos valer por nós mesmos”, por nós mesmas, a través dun BNG que só ten unha lealdade: o pobo galego, a cidadanía deste país”

Intervención da eurodeputada Ana Miranda
“Son momentos de comprometerse e participar, desde a rebeldía e desde a esperanza. Non temos nen queremos resignarnos a elixir entre o malo ou o peor. Escollamos o mellor. Avanzar en dereitos e liberdades, con voz propia, desde nós”, proclamou Ana Pontón perante un auditorio en pé.
Ana Pontón encerrando o Encontro Aberto do BNG

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off