off

O observador alemán explica que ficou “moi surpreso” coa tranquilidade dos eleitores, apesar da “desfeita” da polícia

by

Felix von Grünberg, vice-presidente da Axencia de Axuda aos Refuxiados das Nacións Unidas na Alemaña, é o primeiro observador internacional a declarar no xulgamento do Procés pola súa supervisión. O visitante internacional do 1-O destaca a actitude “non violenta” dos eleitores

Apesar de ser membro do Alto Comisariado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR), Von Grünberg, experto en procesos elecitoriais, nega que a ONU  teña a ver coa sua presenza na Cataluña durante o outono de 2017.

“Eu non percebi nengunha actitude violenta”, asegura a perguntas dos avogados de Jordi Cuixart. Bernhard von Grünberg, un observador internacional, explica que a 1-O estavba presente en cinco escolas. Na escola Ramon Llull en Barcelona, ele viu como a polícia quebrou as portas e afastou as persoas e noutra escola  veu feridos por balas de borracha.

Bernhard von Grünberg,  nega que a Generalitat pagara suas despesas durante o 1-O: “Foran persoalmente custeadas precisamente porque quero manter miña independencia”.

Grünberg: “Os eleitores foran submetidos a intimidación da polícia e non usaran violencia” e dí que  tiña consciencia de que o TC declarou o referendo do 1-O “inconstitucional”.

O xuiz Manuel Marchena corta o testemuño  Von Grünberg cando o tradutor comezou a expresar a opinion do político alemán sobre unha “solución” para o conflito entre a Cataluña e o Estado.

A misión internacional durante o 1-O, segundo Von Grünberg, non pretendia “validar os resultados” do 1-O e sua impresión era de que a votación non era organizada pola Generalitat, mas pola sociedade civil.Insiste que a iniciativa de visitar Cataluña non foi do Diplocat.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off