off
Galiza, Movementos sociais, Política — 16 Marzo, 2019 at 5:34 p.m.

Estreleiras republicanas inzan Madrid a favor da autodeterminación

by
Captura de fotograma da emisión de TV3

Mais unha vez os cataláns volven dar unha demostracion de civismo que apelou ao conxunto de democratas do Estado a defenderen dereitos fundamentais como o dereito de autodeterminacion e a liberdade dos presos politicos. Desta vez de brazo de galegos e bascos. Cantan os manifestantes:«Nós viñemos a dicir adeus»(Hemos venido a despedirnos), a representacion galega muito numerosa:«Galiza ceibe poder popular».Nen  a CRTVG nen  TV española nengunha emeten en direito a manifestación, malia ser en Madrid. Nunca se vira unha mobilización pública e masiva como onte, a favor do dereito á autodeterminación e aos dereitos civís e políticos . Só por iso é xa notable e mostra o momento histórico que se vive no Estado español. Termos en conta, a afirmación dese outro Madrid, solidario e antifascista.

https://twitter.com/i/status/1106984735497179136

 

A manifestación percorreu un quilómetro e meio entre Atocha e Cibeles. Un protesto plural e transversal con numerosas entidades e asociacións . Porén, malia o valente traballo desenvolvido  polos demócratas madrileños, nen Podemos nen a maioria de manifestantes eran da cidade mas cataláns,maiormente, seguido de galegos,valencians, bascos e andaluces .Compre aceitar esa realidade. Cando faltan seis semanas para as eleicións ao Congreso, Catalunya é a medida das principais candidaturas españolas. Nada novo baixo  o sol, porque hai moito tempos que coñecemos a esquerda española, que teima en trabucarse de antagonista. Primeiro, porque a independencia non se imponse: vótase. Segundo, porque PSOE e Podemos teñen o problema de convivio no PP de brazo dado de Ciudaanos e Vox chamando a Sánchez  “traidor”.Velaí os atrancos para desenterrar a Franco do Valle de los Caídos.

 

En xeral, as fórmulas para mostrar as costuras do réxime antidemocrático español foron e seguen sendo unha constante dos movementos de soberanía basca, catalá e galega. Memoria negra dunha metrópole cruel.No entanto, foi unha manifestación cívica, emocionante, e mesmo de retranca de antroido , con disfarces  “Comando Fairy” ou a xa comentada  pancarta coa mensaxe que acabou berrando a multitude: “Hemos venido a despedirnos”. E sonou “L’Estaca”.

https://twitter.com/markdemesmaeker/status/1107050161820315650?s=20

 

 

 

 

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off