off
Cedeira, Política, Politica espanhola — 15 Marzo, 2019 at 8:44 a.m.

O xuíz que freou provisoriamente a exumación de Franco

by

José Yusty Bastarreche, o mesmo xuiz que suspendeu un acto en Madrid en 2017 en apoio ao referendo 1-O e asinou o manifesto ultranacionalista español “Libres y Iguales”.


O xuiz José Yusty Bastarreche  é o chefe do Tribunal Contencioso Administrativo No. 3 de Madrid, que ordenou a paralización preventiva da exumación de Franco do Valle de los Caídos. O maxistrado aceitou na terza-feira 26 de febreiro o pedido de medidas cautelares urxentes exixidas por un vizinho de San Lorenzo del Escorial para que o permiso de planexamento que permitise a transferencia dos restos  do ditador fose temporariamente suspensa.

O texto do demandante cuestiona que a licenza cumprira coa lexislación vixente e apontou para un posibel risco polo levantamento das pesadas placas de mármore que cobren os restos mortais de Franco e cuxo peso xira en torno de 2.000 kg.

O xuiz asinou un manifesto contra o “debate provocado polo secesionismo catalá”

O nome do maxistrado xa monopolizara noutra ocasión os meios. Seu extremismo ultraconservador tamén foi revelado cando, en setembro de 2017, suspendeu un acto em favor do direito de decidir en relación ao 1-O que o goberno de Manuela Carmena autorizou a ser realizado nun local municipal.Un executivo local ao que descalificara nun correo corporativo desvelado un ano antes polo ‘eldiario’ con estas palabras: “¡Pensar que semejante tropa está al mando de nuestras ciudades y villas, y puede estar en el Gobierno de España! Si por lo menos tuviesen un aspecto presentable”.

No mesmo dia en que o evento foi cancelado, souboso que o nome de José Yusty Bastarreche estaba entre un dos mais de 18.000 signatários do manifesto Libres y Iguales, que promoveu “a mobilización de todos os cidadás españóis no grave debate provocado para o secesionismo catalán “,  con unha mensaxe inequívoca que se  resume neste treito: “Rechazar cualquier negociación que con el pretexto de evitar el conflicto que plantea el secesionismo catalán limite la soberanía del conjunto de los ciudadanos y el ejercicio de sus derechos.Isto é, o xuiz reivindica adesión incondicional, como Franco tantas veces pedia, en favor da “unidad de destino en lo universal”.

Na páxina do manifesto, deixou un comentário en que se ofereceu para axudar no que poderia ser “útil”. Despois de se apresentar como “maxistrado e profesor de Direito Administrativo da Universidade Autónoma de Madrid”,  acrescentou que tiña asinado o manifesto hai un mes e esclareceu que, embora seu status de maxistrado non lle permitise “participar de eventos partidários”, tiña a liberdade de colaborar con asociacións de cidadás. A mensaxe foi concluída con un “¡Viva España!”.

Fillo de franquista

“Fillo do ex-almirante da Armada española José Yusty Pita, serviu como estudante de IMECAR, sendo destinado como alferez de fragat no destruidor Alcalá Galiano, ‘o xuiz é apresentado na sua breve biografia publicada en 1996, na sua obra “Gobierno y armada española en la monarquía absoluta. Aproximación histórica a la organización de la armada española”.

É necesario lembrar que a exumación de Franco é unha resolución do Congreso aprobada por maioria co a abstención do PP durante a última lexislatura de Rajoy. Que un abade e un xuiz franquista tenten evitalo, mostra que a democracia española ainda está secuestrada polo rexime de Franco.

Seu pai, o almirante Pita Yusti (1909-1986), os arquivos de xornais históricos relacionano coa represión da greve xeral en outubro de 1934- incluindo a tortura dos detidos, a Guerra Civil e do rexime de Franco, sendo destacado polo rexime por tomar parte activa nas campañas de África, beb como ub criminoso de guerra por bombardear civis para reforzar o avanzo dos rebeldes en Málaga, Estepona e Marbella como comandante do cruceiro Canarias. Razón pola cal un busto coa súa imaxe foi retidada en Cartaxena unha praza co seu nome sendo  rebatizada como Puertas de San José  sob a lei da Memória Histórica nos anos de 2016 e 2017.

 

 


Ao mellor tamén che interesa

Apoloxía do rídículo (publicado en Praza.gal  14 setembro 2017)

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off