off
Galiza, Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 9 Marzo, 2019 at 6:51 p.m.

Néstor Rego, Iago Tabarés, Maite Ferreiro e Carme da Silva, cabezas de lista do BNG ao Congreso

by

O BNG presentará dúas mulleres e dous homes para encabezar as listas de cada provincia. Na Coruña,o secretario xeral da UPG, Néstor Rego, será o cabeza de cartel. O avogado e ex-deputado no Parlamento galego Iago Tabarés, por Ourense; por Lugo Maite Ferreiro  -concelleira do Bloque-e Carme da Silva por Pontevedra, tenente de alcalde e exdeputada no Parlamento.

O Consello Nacional do BNG aprobou este sábado as candidaturas coas que aspira a recuperar a súa presenza no Congreso dos Deputados, que perderon en decembro de 2015 por primeira vez en dúas décadas.

As listaxes inclúen persoas de percurso relevante no Bloque como o exalcalde de Allariz Francisco García, número 3 por Ourense, Tereixa Novo para o Senado ou o ex-portavoz nacional Guillerme Vázquez pecha a lista por Pontevedra.As candidaturas insire persoas relevantes do mundo da cultura, como o ilustrador Kiko da Silva na de Pontevedra ou o escritor Suso de Toro  e a profesora e poeta Laura Tato pola Coruña.

 

 

 

 

 

 

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off