off
Feminismo, Galiza, Movementos sociais, Traballo — 8 Marzo, 2019 at 8:12 a.m.

O Consorcio Galego de Igualdade e Benestar denega permisos de conciliación da vida familiar e laboral ás súas traballadoras

by

Comisións Obreiras difunde unha sentenza na que un xulgado ourensán concédelle á traballadora denunciante “un dereito recoñecido e desfrutado anteriormente sen oposición algunha por outras compañeiras”. A normativa laboral garante os permisos e licenzas aos que pode acollerse. O xulgado lembra ademais o artigo 108 do Código Civil, segundo o que as persoas con patria potestade de menores deben “velar pola saúde” dos mesmos.

“Lamentamos unha vez máis que as traballadoras teñan que acudir á vía xudicial para facer valer os seus dereitos de conciliación”, indica Comisións Obreiras, “coincidindo co 8 de marzo, pedimos que rematen estas discriminacións e que se vele tamén pola conciliación real e efectiva das mulleres no ámbito laboral”.

O caso obxecto de conflito, unha empregada do Consorcio solitiou o pasado 22 de xaneiro un permiso de conciliación. O seu fillo precisaba unha medicación regular cada catro ou seis horas e vixilancia domiciliaria. A diferenza doutras xeiras, o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar negoullo. Acudiu á vía xudicial, que agora lle deu a razón.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off