off

Manifestacións en toda a Galiza: os colectivos feministas voltan ás ruas

by

A II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas (Copenhage, 1910) fixou a proposta de Clara Zetkin de instaurar o 8 de Marzo como Día Internacional da Muller Traballadora. Na Galiza,  BNG, En Marea e PSdeG amosaron o seu apoio á greve de mulleres. Segundo o movemento feminista, a Xunta está a poñer trabas e dificultar o desenvolvemento da xornada mediante o incremento dos servizos mínimos. 


O cimo da mobilización de hoxe será na  tarde na Coruña(19.30h) e Vigo(20h), cando os grupos feministas espallarán manifestacións  ao longo do día  convocadas por Galegas8M, unha rede de colectivos xurdida ao albor da folga do pasado ano. Ese ano lanzaran a súa primeira convocatoria unitaria na multitudinaria manifestación do 4 de marzo en Vigo– e tras o éxito decidiran apostar de novo por esta fórmula este ano 2019. Non só convocan a manifestación unitaria nacional, senón que se encargan de organizar mobilizacións por todo o país o día 8: percorridos, peches, bloque non mixto ou espazos de coidados, entre outros. A xornada é o resultado do traballo de meses en asembleas que tiveron lugar en distintos puntos. Está composto por máis de 50 colectivos e asociacións, ademais de mulleres a nivel individual. O lema deste ano é “Por todas as mulleres, por todos os dereitos, revolta feminista”. Hai paros na  España, Arxentina, Italia, Chile, Alemaña, Belxica ie Portugal, e manifestacións en máis de 170 paises.

A Greve de Mulleres asúmese desde o movemento feminista “como ferramenta para reclamar un mundo diferente no que o noso dereito a vivir unha vida digna se coloque no centro da axenda política, económica, social, educativa”.

Desde o feminismo clarifican que o papel dos homes nesta xornada debería ser o de axudar e apoiar as mulleres para que elas poidan levar o protagonismo no seu día de loita sen acumular cargas na súa vida privada. Así, deberían asumir as tarefas de coidados (crianza, alimentación, doméstico, maiores) durante todo o día, evitando que estas fiquen pendentes e dupliquen o traballo das mulleres os días seguintes á folga. Deberían tamén difundir e apoiar as convocatorias de folga e mobilizacións, acudir aos centros de traballo e visibilizar a folga de mulleres nos seus postos.

 Mobilizacións

 

A Coruña: 19.30h. Obelisco.

Ames: 12h Praza do Concello

Allariz: 12h. Praza da Barreira.

A Estrada: 12h. Praza do Mercado

A Guarda: 12:30H. Praza do Reló

A Pobra de Trives: 19h Casa do Concello.

As Pontes: 12h. Praza do Concello.

Baiona: 11.50h. Quedada no Peirao de Baiona para ir á concentración na Ponte da Ramallosa (13h.).

Betanzos: 12h. Praza da Constitución.

Bueu: 12h. Casa do Concello.

Burela: 20h. Estación de Tren.

Cangas do Morrazo: 20h. Praza do Concello.

Carballo: 20h. Xulgados

Cee: 12:30. Praza 8 de Marzo

Chantada: 12h. Praza Galiza.

Castro Caldelas: 17 h. Praza do Prado

Cedeira: 12h diante do concello

Compostela: 11.30h. Treboada Feminista. Manifestación 20 h. Praza 8 de marzo.

Cuntis: 19.30h. Centro Saúde.

Ferrol: 19h. Praza Amada García.

Gondomar: 11.50h. Encontro para ir á Ramallosa. Praza de Abastos.

Lalín: 12h. Praza da Igrexa.

Marín: 20.30h. Praza Concello.

Melide: 20h. Praza do Convento

Miño: 12.30h. Rotanda da Rúa Raxel.

Moaña: 12h. Praza do Concello

Monforte: 20:30h. Praza España

Nigrán: 11.50h. Encontro para ir á Ramallosa.

Noia: 20h na Praza do Concello

O Barco de Valdeorras: 20h. Escoita as mulleres de Valdeorras na Praza do Concello

Ortigueira: 12h. Diante do Concello.

Ourense: 13h. Concentración e xantar Praza Maior. 20h. manifestación desde a Subdelegación do Goberno.

Padrón: 20h na estatua de Rosalía

Poio: 15h. Xantar colectivo no Fogar Armadiña. 17h Plantación de plantas lilás no fogar.  Asistencia á concentración da mañá e á manifestación da tarde en Pontevedra

Ponteareas: 12h. Praza Bugallal.

Pontevedra: Concentración 13h. na Praza da Ferraría. Manifestación 20h. Praza do Hospital.

Redondela: 12h. e 19h. Praza da Constitución

Rianxo: 20h. Praza Castelao.

Ribadeo: 12h. Praza 8 de Marzo. 18.15h. saída do aparcadoiro de San Lázaro para manifestación en Burela ás 20h.

San Cibrao: 19.30h. Porto, saída cara a Burela para acudir á manifestación das 20h.

Trabada: 18h na Praza do Concello.

Valadouro: 10:30h. Tendal de mandís

Viana do Bolo: 12H. Praza Maior

Vicedo: 18h. Porto. Saída para Burela.

Vilamartín de Valdeorras: 11:30h Praza do Concello

Vigo: 20h. Praza España.

Vimianzo: 20:30h Praza do Concello.

Vilagarcía: 20.00h. Praza de Galiza.

Vilalba: 12.30h. (Praza Circular) e 20.30h. (Praza Constitución)

Viveiro: 12h. Praza Maior. 18.30 horas, saída para Burela.

Xove: Xuntanza de mulleres, 17h. local das Bolboretas. Xantar colectivo e faladoiro feminista.

Fonte:Sermos Galiza

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off