off
Cedeira, Infraestructuras e Comunicacións — 8 Marzo, 2019 at 07:28

Poxan novas redes separadoras nas rúas Paz, Silva e Floreal de Cedeira

por

[Pingota Comunicación] O Concello de Cedeira vén de sacar a licitación a renovación da rede de saneamento nas rúas Paz, Silva e Floreal, “a obra que garante especialmente o benestar dos veciños destas rúas, mas iso tamén será sentido tanto na praia como na ría”, afirman desde o goberno municipal (PSOE, BNG e Anova). Trátase dun proxecto  financiado na súa totalidade polo Deputación da Coruña que transformará a actual rede unitaria de saneamento, “moi deteriorada”, por unha nova rede separadora ao longo dun trieto de case meio quilómetro no conxunto das tres rúas. O investimento ascende a 146.896 euros
(IVE incluído).

Rúa Floreal de Cedeira

Rúa Paz de Cedeira

As obras consistirán na substitución dos colectores de augas residuais, por outros de PVC, así como na execución dun novo colector exclusivo para pluviais. O prazo de execución será de tres meses e o día 25 de marzo é a data límite para presentar ofertas.
O proxecto tamén contempla a realización dun total de 65 acometidas domiciliarias, a construción de 21 pozos de rexistro fabricados en formigón e o mesmo número de sumidoiros cuxa capacidade de desaugadoiro será suficiente para absorber alomenos o 70% do caudal de referencia. A obra rematará coa reposición dos asfaltados que poidan verse afectados por unhas
intervencións que, “aínda molestas durante a súa execución, melloran a calidade de vida dos veciños e contribúen á conservación do medio ambiente”, segundo o executivo local. “Esta é a liña de traballo que se está a levar a cabo desde o principio e na que seguiremos insistindo ata o final do mandato”, afirman.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: