off

Pablo Casado, determinado a fulminar o galego das escolas e administración pública

by

O líder PP  contra as línguas oficiais en Barcelona.O PP prohibirá que se requira o galego para acceder a un emprego público en Galiza. A Mesa pola Normalización Lingüística lémbralle ao Partido Popular que a cidadanía galega ten dereito a ser atendida na súa lingua nas administracións públicas.


O presidente do PP, Pablo Casado, acelerou ontena corrida que ten con Ciudadanos e Vox contra o galego, anunciando un pacote de medidas que incluirá no seu programa eleitoral e que relegaria a  língua de noso da escola, administración e a sinalización urbana.

Esa promesa eleitoral é outro exemplo de como o PP elevou o seu tono desde a chegada de Casado à presidencia do partido, en 21 de xullo. Casado tomou pose prometendo mao dura cos independentistas e agora está en pleno andamento para liderar o espazo dunha direita mais fragmentada e ultra do que nunca.

O relator especial para as minorías da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, Fernand de Varennes, recolleu no informe preliminar que publicou tras a súa visita ao Estado español que “as minorías lingüísticas teñen dereito a usar o seu idioma nas súas interaccións coas autoridades e institucións estatais” e que isto “segue sen cumprirse nalgunhas rexións”.

 

O PP inserirá no seu programa  unha lei orgánica para blindar e protexer o español como lingua oficial do Estado español e prohibir que as linguas cooficiais (galego, catalán e euskera) sexan un requisito indispensábel á hora de acceder a un emprego público.

“A proposta do PP  supón prohibir ou limitar gravemente o dereito da cidadanía galega a usar a nosa lingua en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, a sermos atendidos e entendidos correctamente na administración pública”, afirmou o presidente da Mesa, Marcos Maceira.

Alén diso, esta lei entraría “en conflito directo co artigo 5 do Estatuto de autonomía de Galiza”, que establece que o galego é a lingua propia de Galiza e cooficial, que todos teñen o dereito de o coñecer e de o usar, así como a obriga dos poderes públicos de garantir o seu uso normal e oficial.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off