off

O independentismo catalá toma fólego e avisa: “Nen esquecimento, nen perdón”

by

[videopress k9edu9Dk]

 Mais unha vez, maré humana inundou de punta a punta o Passeig de Gràcia en Barcelona nesta quinta-feira. Tamén o resto de cidades, nomeadamente a multitudinaria manifestación de Girona, alentaran un sentimento xeneralizado de indignación polo xulgamento dos feitos do 1-O, pola  represión, en suma.

Segundo a organización 200.000 persoas e 40.000 de acordo coa Guardia Urbana se xuntaran en Barcelona ao ditado de “greve xeral, sen direitos non hai liberdades”. A marcha desceu de Els Jardinets de Gràcia até Gran Vía. En contraste con outras mobilizacions, grande parte da xornada foi feita em silencio. Um silencio irritado que ocasionalmente quebrou basicamente quatro slogans:”Llibertat presos polítics”, “1-O, ni oblit ni perdó”, “No és un judici, és una farsa” i “Independència”. David Fernández,un dos porta-voces da plataforma unitária que coordena o que se vén chamando “un novo ciclo de mobilización”, leu o manifesto en Barcelona  no final da manifestación, aproveitando a oportunidade para lembrar que  ainda hai duas grandes convocatorais: en 16 de marzo en Madrid e a greve feminista en 8 de marzo.

Despois da concentración de 9.000 persoas no medio dia, segundo a policia municipal, inzando a esplanada diante da escalinata da sede da Generalitate até chegar até a metade da praza Catalunya, á tarde Girona, por volta de 70.000 persoas tornaran a manifestación do 21-F  na máis multitudinaria das feitas na cidade sob o lema “Per la República dels treballadors/treballadores”e pedindo a liberdade dos presos políticos e denunciando que o xulgamento do 1-O é contra a democracia.

Polos direitos traballistas, tamén

Asumiran a lideranza, esta noite, InterCSC e USTEC  organizadores da greve xeral, a segunda das mais recentes en quince anos.Abriran o cabezallo. Asín, alén de atirar contra a España pola represión e clamor pola autodeterminación, tamén se concentraran nos dereitos traballistas. Contra a reforma traballista de Aznar e por un salário mínimo de 1.200€. Encanto un dos porta-voces falaba, parte dos manifestantes lembraban  que eles tamén  querian independencia.

 

 

 

 

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: