off
Movementos sociais, Opinião, Política, Politica espanhola — 18 Febreiro, 2019 at 8:02 p.m.

As teses de abril

by

Volve o política escaparate. Retrocedemos ao intre de partida. Adeus a tentar ir alén do establecido. Mais unha vez hai que optar entre o mau coñecido e o peor por descoñecer. Até agora a escusa era o herdo recibido, de aquí en diante será o prometido por facer, a herdanza impedida. Os responsables son outros, eles tiñan unha axenda social ao servizo da xente. Temos liberdade de elixir pero non liberdade de decidir. Ese é o dilema que ofrecen eleccións do 28 abril. Que balanza entre votar PSOE para continuar as reformas decaídas ou abrir as portas á dereita trifálica (Dores Delgado). Un manual de resistencia que copia o prontuario de Susana Díaz nos pasados comicios andaluces e que tan escaso éxito logrou. O “non pasarán” que quedou en “pasaron e ficaron”.

Con eses marciais antecedentes un observador inocente podería pensar que o que está a facer Sánchez ao disolver as Cortes é tomar fólego para un ousado pulo avante. Con iso a convocatoria a urnas para o 28-A sería algo así como unha sorte de Tese de Abril, o programa de grandes reformas que plasmou Lenin ao chegar á estación de Finlandia en Petrogrado tras a súa viaxe desde Suíza nun tren blindado facilitado polo alto mando alemán. Ainda que non semellan as cousas ir por aí. Mais ben todo o contrario. A xogada do secretario xeral do PSOE axustaríase máis a desembarazarse das alianzas tóxicas que o pularan á Moncloa para logo liquidalas. O que está na beirada é un longo adeus aos nacionalistas, tanto vascos como cataláns, porque o enredador PNB quedou cun multimillonario paxe de competencias a velas vir.
Mas tamén quer afastarse de Podemos e os seus arredores. Esas serían as liñas vermellas impostas pola vella garda socialista que xa lle sacou cartón vermello cando o rigodón do relator, e polos poderes económicos, que recelan do que Sánchez trame en petit comité con Iglesias. Especialmente complicada preséntase a consulta para a formación morada. Despois de haber cortejado sen demasiado éxito ao goberno socialista durante o últimos oito meses verase obrigada a facerlle oposición, e como moito presentarse como baluarte fronte aos “trillizos reaccionarios” (Irene Montero, feliz nai de xemelgos). Un exercicio rayano no funambulismo para un partido que cambiou tantas veces de eixo como un catavento. Para boa parte dos seus afiliados e simpatizantes desempoar outra vez o postulado esquerda-dereita, ofrecéndose agora para gobernar co PSOE que apoiou o 135 e o 155, pode significar unha viaxe a ningunha parte. Pero tamén é certo que en pleno mancou nas enquisas e coas súas alianzas á greña, a Iglesias non queda máis que porse ás ordes de Sánchez. Tivo e non retivo, e durante a lexislatura da moción de censura dilapidou os seus 71 escanos nos fastos dese parto dos montes que supuxo a firma do compromiso orzamentario na Moncloa.
A clase política (xa case ninguén fala de caste, o signo dos tempos institucionais impúxose) pretende que o persoal se vai a decantar polo formato da “alerta antifascista” ou polo da “alarma antiseparatista”, ambos os declinaciones frontistas do “a por ellos”. Coma se o votante medio fose unha prolongación das figuracións ideolóxicas que contornan as direccións dos partidos á hora da sesta . Un vaivén amigo-inimigo de intensidade desigual. As eleccións andaluzas xa demostraron a resiliencia da categoría dereita, mesmo extrema, no acervo popular. Catro décadas de desmemoria histórica dan para moito esperpento. E por idéntica razón, pero noutro sentido, se parece que a opción contraria, españolismo versus independentismo, pode contar con máis seareiros. Así as tornas, gañaría o emocional sentido ao racional percibido. Outra cousa é que nas xerais VOX non alcance a ser partido bisagra, como pasou nas andaluzas. Aumentará en votos pero a súa representación parlamentaria será modesta debido ás cautelas que estableceu a Lei Electoral ante unha posible irrupción de grupos antisistema (pensouse para a esquerda antes da súa doma, mas é reversibel). Outra cousa será o que pase na circunscrición única das próximas europeas, coa súa euroescepticismo ao lombo.
Por tanto, se a política de bloques esquerda-dereita móstrase difícil de conxugar no contexto do conflito catalán, todo fai indicar que haberá un mar de fondo para procurar unha saída transversal polo flanco moderado. A Marca España ambiciona un acordo entre Cidadáns e o PSOE que ofreza a estabilidade que as demais variables negan. Á fin e ao cabo esa foi a primeira aposta de Sánchez para desaloxar a Rajoy que Podemos frustrou. Alén diso agora comparten a “mochila austriaca”. O problema é que Albert Rivera, póndose véndaa antes de recibir a pedrada, manifestou que iso nunca se producirá co sanchismo en Ferraz. A alternativa ás alancadas pasaría por investir “presidenta encargada” a unha Susana Díaz que xa gobernou en Andalucía sostida polo partido laranxa. Entón pasariamos das teses do abril ao condominio democrático. Mas para iso acontecer teñen que esgotarse moitas pantallas, ver quen controla o senado e arrolaren algunhas cabezas.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off