off

Inicio do xulgamento dos presos políticos catalás no meio da lóxica demencial da dereita española

by

Despois de vermos o acto madrileño convocado para despois da misa dominical do 10 de febreiro inzado de bandeiras ‘rojigualdas’ en todas as variantes posíbeis, chega o dia do xulgamento dos presos políticos catalás aumentando o interese da imprensa internacional pola Cataluña.

Malia a baixa afluencia, o domingo serviu para unha posta en escena en Madrid da lóxica demencial da caverna reacionária de sempre,  do nacionalismo español excluinte, supremacista e belicoso: os naufragos da UPyD, os pretendentes liberais, os ultras emerxentes, os fascistas recalcitrantes da Falange, a Democracia Nacional, a España 2000  e, canda eles, o pécio da esquerda falsaria e a que permanece silente, mostrando e berrando consignas coma estas:”¡Golpistas a prisión!”, “¡España unida jamás será vencida!”, “Ni relatores ni traidores, estoy hasta los cojones”,etc. Para temperar o afirmado no manifesto unitario: ““la traición perpetrada por el gobierno de España en Cataluña”. Unha errada concentración da dereita a Madrid co obxectivo principal de presionar o tribunal para que non mude ou desmonte o argumentario.

Mas velaquí o delirio argumental: se Sánchez, o líder do PSOE, “leva a España ao abismo”, cometeu “alta traición”, é “responsábel, participante e cúmplice dun golpe de Estado” e representa un “perigo nacional”, o única  conclusión posibel é que, grazas a ese “criminoso” que apoiou vicaria e convencidamente a aplicación do artigo 155, a Cataluña xa se separou. 

Meios de comunicación franceses como Le Monde, belgas como Le Soir ou americanos como o New York Times falan na terza-feira do inicio do xulgamento dos presos catalás. A edición dixital do Le Monde, di: “O proceso dos separatistas catalás ábrese nun clima de tensión” e acrescenta que servirá para probar a saúde democrática de todo o estado. Libération , na mesma liña, afirma: deste xulgamento depende a política futura da España, sua coesión interna e seu prestíxio internacional New York Times pon en destaque que “é probábel que o xulgamento reviva a discusión e desperte as emocións sobre a tentativa de secesión da Cataluña. Bloomberg afirma que este “xuizo histórico” “ameaza  provocar a queda do segundo presidente español en menos dun ano.”

Polo momento, Sánchez xa guindou a idea de convocar eleicións  xerais  en abril. Con certeza, hai cuestións que deben ser respondidas por moitos intelectuais, académicos e artistas españois que se atribuen de esquerda. Velaquí algunhas cuestións no dia de inicio do xulgamento dos presos catalás e despois da misa do domingo en Madrid: a hostilidade á autodeterminación dos pobos, quer a  catalá ou cuaisquer outra, seica é unha afirmación nacionalista, populista, excludente, reacionária e asin por diante. O nacionalismo imanente e de estado é unánime? Os seus símbolos e discurso a quen incluen? ? É próprio dunha  “democracia plena” ser defendida por un partido que alicerza seu discurso no “a por ellos”, na policia e no exército, e seguida en conxunto por toda a dereita ? Hai alguén aí?

 

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: