off
Cedeira, Galiza, Saúde — 12 Febreiro, 2019 at 12:31 p.m.

Concentracións semanais no centro de saúde de Cedeira para denunciar o desmantelamento da sanidade pública

by

Todos os luns se están a levar a cabo diante do centro de saúde de Cedeira concentracións para denunciar o desmantelamento do sistema público de saúde. O goberno cedeirense vén de manifestarse continua apoiando as  reivindicacións das plataformas sanitarias galegas 


As protestas, que se celebran cada segunda-feira ás 12.00 e 18.00 horas, teñen como obxectivo secundar as medidas e reivindicacións que se veñen plantexando desde SOS Sanidade pública, plataformas sanitarias galegas e mesmo formacións políticas e sindicatos, que acusan ao goberno da Xunta de “desmantelar o sistema público en beneficio de empresas privadas”.

Desde o executivo local , que tamén pon o acento nos problemas locais -falta de médicos e lista de espera- invítase á veciñanza a sencundar coa súa presenza unhas accións coas que se trata de esixir unha sanidade pública de calidade.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off