off
Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 9 Febreiro, 2019 at 10:46 a.m.

Feixoo acompaña Vox na manifestación por “la unidad de España” mentres Galiza se manifesta contra as carencias no Sergas

by

Á mesma hora na que comezará en Madrid a manifestación de PP, C’s , Vox e Feixoó en primeira liña pola suposta ruptura de España, en Santiago SOS Sanidade concentrará as reivindicacións que salfiren Galicia de alertas por carencias no Sergas.


Feixoo escolle Vox. Na terza-feira 12 inicia o xuizo no  Supremo contra os líderes independentistas  catalás. As lamentábeis condicións de traslado dos prisioneiros da Cataluña a Madrid e as humilllacións denunciadas  antecipan que, en decorrencia do clima de xenreira por parte da dereita española, non será fácil para o tribunal dar  probas de independencia xudicial na aplicación da xustiza.O PP facilitará o transporte da maior parte do Estado para a Praza Colón na concentración do domingo en Madrid.De Manuel Valls á Falanxe, Hogar Social e Vox, entre os asistentes á manifestación do PP e Cs por “la unidad de España”.

Xuizo dos presos politicos catalás. Haberá un antes e outro depois do xulgamento? Estamos na fase de escalada levando a momentos especialmente impresionantes como as declaracións dos acusados ou a formulación final das acusacións, mas em tres meses, haberá altos e baixos na atención mediática. E cando as eleicións municipais se aproximaran, a tenssión eleitoral será paralela aos acontecimentos de Madrid. E as eleicións deitarán resultados que indicarán as diretrices do momento: a publicación da sentenza e sua posterior xestión.

Alguns meses se pasaran coa xustiza española exposta ao mundo. O baixo prestíxio da democracia española, a nível internacional, con Rajoy  ausente como cando o Prestige, desde que o conflito eclodiu, tén neste xuizo o seu exame. E, de acordo como é desenvolvido, a xustiza española pode ser faturada. Sen nos podermos dar ilusións sobre as reacións dos países viciños.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off