off
Galiza, Imprensa, Ollaparo — 6 Febreiro, 2019 at 8:56 a.m.

O Día dos Medios en Galego celébrase con 80 medios activos

by

O Dia dos medios en galego que  a Asociación de Medios en Galego (AMEGA) celebra utilizarmos a nosa lingua como vehículo principal de comunicación. O 7 de febreiro, co gallo da saída da primeira publicación realizada integramente en galego, O Tío Marcos da Portela, hai xa 122 anos, celebramos dende o ano pasado esta data. Un Día ratificado por unha declaración conxunta de todos os partidos con representación no Parlamento Galego. Un Día que nos serve de fío condutor para realizar as nosas campañas de sensibilización, e concienciación da necesidade de manter medios que manteñen viva e útil o noso idioma.

O pasado sábado 2, celebramos en Pontevedra a II Gala do Día dos Medios en Galego, coa presenza de Touriñán e Ugia Pedreira. Un evento, apoiado por diferentes administracións, que nos serve de punto de apoio para o resto de actividades da asociación. Adxunto unha imaxe dos representantes dos medios que estivemos o pasado sábado na Gala. Adxunto tamén a imaxe da campaña #maisquepalabras.

A unión de máis 80 medios é un potencial que non podemos obviar ante o esquecemento das administracións.Máis 80 medios en todos os formatos (radio, prensa impresa, prensa dixital, revistas, TV) e de todos os eidos (actualidade, cultura, deportes…).Entre eles, Ollaparo.

Medios en galego en activo

40 Nordés, 5FM, A Cuarta Parede, A Nova Peneira, A Voz de Vilalba, Ábretedeorellas, Adiante.gal, Ames Radio, Campo Galego, Canal Barbanza, Canal Rias Baixas, Código Cero, Crónica 3, Crónicas da comarca, Culturagalega.org, DiarioDeportivo.gal, Diario Liberdade, Disquecool, Galicia Confidencial, GCiencia, GZmusica, Historia de Galicia, Lugo Xornal, Lindeiros, Luzes, Mazarelos, Nós Televisión, Nova Fantasía, Novas da Galiza, Novas do Eixo Atlántico, O Dez, Ollaparo, O Sil.info, Palavra Comun, Ponte nas ondas, Pontevedraviva, Praza Pública, Que pasa na Costa, Radio Allariz, Radio Arzúa, Radio Burela, Radio Caldas, Radio Cerceda, Radio Culleredo, Radio Estrada, Radio Eume (As Pontes), Radio Fene, Radio Foz, Radio Lalín, Radio Melide, Radio Negreira, Radio Neria (Corcubión), Radio Nordés (Cadena Ser), Radio Oleiros, Radio Ordes, Radio Quiroga, Radio Redondela, Radio Roncudo, Radio Salnés (Cambados), Radio Tui, Radio Xallas, Radiofusión, Revista Feminista Andaina, Revista Feminista Revirada, Radio Morcego, Revista Orballo, Revista Pincha, Sermos Galiza, Sprintmotor, SurfGZ, Televinte Chantada, Televisión de Galicia, Tempos Novos, Teo Vivo, Terracha.xa, Vinte, Xornal de Lemos, Xornal da Mariña, Xornal de Vigo, Zona Press.


 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off