off

Venezuela: Trump e a extrema dereita española recoñecen líder da oposición como presidente

by

Maduro gañou as eleicións de maio de 2018 co 67% dos votos, eleicións que foran validadas por observadores internacionais como José Luis Rodríguez Zapatero e Jimmy Carter


Co aspecto de ser un golpe de estado orquestrado por Washington, o titular da Asemblea Nacional, Juan Guaidó, conseguiu apoio internacional significativo (tamén foi recoñecido polo Canadá, Brasil e Arxentina)  logo de declararse presidente interino nunha tentativa de expulsar Nicolás Maduro, após duas noites de distúrbios que tomaran conta do país, levando á morte  14 persoas. Maduro denominou tentativa de golpe sendo orquestrada polo “império gringista, intervencionista gringo” e a “direita fascista” e exortou os apoiadores a “resistir a todo custo” e cortou relacións cos EUA e ordenando que todos os diplomatas dos EUA abandonaran o país en 72 horas.

Guaidó divulgou seu próprio comunicado, pedindo ás embaixadas estranxeiras que manteñan seus diplomatas no país. O secretário de Estado dos EUA, Mike Pompeo, dixo mais tarde que os EUA seguirián a diretriz de Guaidó e ignorarian a orden de Maduro de retirar seus diplomatas.

“Estamos defendendo o direito à própria existencia de nosa república bolivariana”, afirmou Maduro a manifestantes nunha manifestación diante do palácio presidencial de Miraflores, en Caracas.

Na cuarta-feira, millares de manifestantes inzaron as ruas da capital, Caracas, con mais demonstracións en todo o país.Os protestos chegaran cando Guaidó, xefe da asemblea nacional, levantou a man direita e afirmou: “Xuro asumir todos os poderes da presidencia para garantir o fin da usurpación”. O parlamentario de 35 anos di que a surpresa é a única maneira de resgatar a Venezuela da “ditadura” e restaurar a orden constitucional.”Sabemos que iso terá consecuencias”, afirmou Guaidó, de 35 anos, á  exaltada multitude. “Para conseguir esa tarefa e restabelecer a constitución, precisamos do acordo de todos os venezuelanos”.

Guaidó foi rapidamente recoñecido polos EUA, Canadá, Brasil, Colombia e outros aliados dos EUA nas Américas, encanto a Unión Européia dí que a voz do pobo “non pode ser ignorada”. Federica Mogherini, representante de exteriores da  UE, apelou ao traballo para comezar a realizar “eleicións libres e credíbeis”, dicindo: “O pobo da Venezuela apelou macizamente á democracia e á posibilidade de determinar libremente o seu próprio destino. Esas voces non poden ser ignoradas”.Os deputados da Rúsia, un importante aliado venezuelano, criticaran as accóns dos EUA contra Maduro. “Os Estados Unidos están tentando realizar unha operación para organizar a próxima ‘revolución colorida’ na Venezuela”, afirmou Andrei Klimov, vice-presidente do comité de relacións exteriores da cámara alta do parlamento, usando un termo para as revoltas populares que derrubaran líderes na Xeórxia, Ucrania e Quirguistán.Turquia e Cuba e a Bolívia de Evo Morales tamén ofereceran seu apoio a Maduro. Nun comunicado, 11 dos 14 membros do bloco rexional do Grupo Lima afirmaran que apoian o início dunha “transición democrática” na Venezuela “para realizar novas eleicións, no menor tempo posíbel”. Os tres apoios incluíran o México, que mantivo o princípio de non intervención do presidente Andrés Manuel López Obrador, alén de Guiana e Santa Lúcia.

Donald Trump alertou que “todas as opcións están na mesa” se Maduro – responde con forza contra a oposición. Suprende o rápido e declarado apoio da extrema dereita do estado español (PP, Ciudadanos, Vox, …e Felipe González). O vice-presidente Mike Pence deixou claro que os EUA usarian “todo o peso da nosa presión diplomática e económica. Autoridades norte-americanas afirmaran que os Estados Unidos buscarán meios de transferir recursos venezuelanos para Guaidó e para a asemblea nacional dirixida pola oposición. Nun comunicado, Trump descrebeu a asemblea nacional como o “único ramo lexítimo do goberno debidamente eleito polo pobo venezuelano” e advertiu Maduro a non recorrer à violencia.

Perguntado se consideraria unha opción militar se Maduro se recusase a ceder o poder, o presidente dos EUA dixo: “Non estamos considerando nada alén de todas as opcións na mesa. Todas as opcións, sempre, todas as opcións están na mesa.

A Venezuela rica en petróleo está atolada en turbulencias económicas e políticas, como a hiperinflación tornando a moeda bolivar praticamente inútil. A escaseza de alimentos básicos e medicamentos básicos é desenfreada e o crime é xeneralizado. Millares de venezuelanos fuxiran, causando consternación en todo o continente.

Quen é Guaidó?

Até hai pouco, Juan Guaidó, o líder de 35 anos da Asemblea Nacional controlada pola oposición na Venezuela que  vén facendo un bloqueo total de Maduro, desde o comezo, era unha figura descoñecida no cenário internacional. Iso mudou na cuarta-feira, cando o xoven político ficou diante de millares de manifestantes en Caracas e se firmou como presidente interino – unha medida que foi imediatamente recebida polos gobernos dos EUA e do Canadá.

Enxeñeiro industrial, até algunhas semanas atrás, un máis entre os xovens deputados da oposición venezuelana. Guaidó é licenciado pola Universidade Católica de Caracas e fixo pós-graduación en administración pública na universidade americana de George Washington. Fai parte da xeración de estudantes universitários que se expresaran  contra o ex-presidente Hugo Chávez en 2007. En 2009  foi un dos fundadores do partido Voluntad Popular, xunto co líder da oposición, Leopoldo López, seu pai político, agora en prisión domiciliar por ter mobilizado contra Maduro en 2017. En 2010 foi eleito suplente e en 2015 obtivo escano. Defende o liberalismo económico e a autonomia financeira das rexións. Súa carreira política foi baseada en denuncias da corrupción da estatal petrolífera PDVSA, encanto o país sofria de escaseza e hiperinflación e tiña que importar gasolina. Apareceu como un “sobrevivente da traxédia de Vargas”, as enchentes de 1999 que deixaran millares de mortes no seu estado natal, entre elas membros de sua família, e di que sabe “o que é pasar fame”.

Para obter o apoio das forzas armadas, ofereceu unha amnistia aos militares se abandonaban a Maduro. En declaracións à axencia AP, mostrou marcas de “proxectís” no pescozo a raíz dos protestos de 2017. “Vamos sobreviver porque acreditamos que a Venezuela debe ser melhor. Se Juan Guaidó for preso, outro sairá”, declarou.

 

Mais unha vez a oligarquía impaciente  produciu un golpe?

En 5 de xaneiro,  foi escollido case de surpresa como  presidente da Asemblea Nacional, o Parlamento con maioria da oposición que foi suspensa por Nicolás Maduro. Desafiou Maduro desde o primeiro momento, a quen chamou de “usurpador” no dia seguinte que abriu seu segundo mandato, en 10 de xaneiro. A primeira coisa que ficou clara é xustamente o apoio dos gobernos que enfrentan o chavismo, comezando polos Estados Unidos de Donald Trump. As forzas armadas convocaran unha conferencia de imprensa no início da mañá na Venezuela, e nas rúas a atmosfera é dividida entre os partidários do goberno e da oposición.

Guaidó sinalizou pola primeira vez que estaba disposto a montar un sério desafio para o presidente do país no início de xaneiro, cando Nicolás Maduro iniciou seu segundo mandato após eleiciónss no verán pasado, que foran denunciadas como fraudulentas. A inauguración foi recebida  por un coro de desaprobación internacional e o presidente Donald Trump aprobou novas sancións económicas contra a Venezuela, e Guaidó, apenas seis dias após seu cargo, dixo ao mundo que estaba pronto para asumir a presidencia até que  “eleicións xustas” pudesen ser realizadas – desde que ele tivese o apoio vital dos militares.

Maduro gañou as eleicións de maio de 2018 co 67 por cento dos votos populares, eleicións que foran validadas por observadores internacionais como o ex presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero.

A presión de EUA foi creando unha situación que básicamente reproduce vellos episodios de produción dun golpe. Os investidores dos Estados Unidos non podian manter negócios con  empresas venezuelanas relacionadas à administración de Maduro. O Grupo Lima – formado polo Canadá e 13 países latino-americanos -convocou  embaixadores en Caracas e concordou  reducir as relacións diplomáticas coa Venezuela e axir para bloquear os fundos internacionais. O país está cada vez mais isolado. 

Chávez colocou várias emendas constitucionais, incluindo a abolición dos limites do mandato presidencial e a capacidade de declarar unilateralmente unha emerxencia nacional, a un referendo público. Mas o voto deu a Chávez sua única derrota eleitoral nunha presidencia de nove anos e encoraxou un nascente movimento de oposición, incluindo o mentor carismático mas divisivo de Guaidó, Leopoldo López, que está en prisión domiciliar e é barrado de cargo político desde o início de 2014.Foi López quen chamou Guaidó, 12 anos mais novo que ele, para liderar a coalición do partido Voluntad Popular na asemblea nacional cando seu mandato comezou en 5 de xaneiro. Guaidó acabara de concluir seu primeiro mandato como lexislador, tendo sido eleito en 2015.

Reservas de petróleo para unha sociedade polarizada e duás “lexitimidades” confrontadas

A Venezuela ten unha situación de duplo poder, unha división de poder na sociedade e todas as riquezas minerais que a tornan un territorio estratéxico moi dependente do petróleo. Nen Chavez foi quen de virar esa matriz produtiva que o tornou históricamente dependene dos EUA, nen o endemismo da corrupción e o endebedamento, entre outros problemas estructurais extensibles a outros países da América Latina. O sociólogo portugués Boaventura de Souza Santos perspectiva o tema segundo a noción do “dobre estándar” que «permite, por exemplo, que no Brasil a presidenta mais honesta de América Latina, vai fora pola acción dos políticos máis corruptos de América Latina. E onde está o dobre estándar? É basicamente isto: estás ou non aliñado coa lóxica internacional do neoliberalismo, privatización e entrega de recursos naturais ao mercado internacional?Se estás a favor disto, todo é tolerado, pois é tolerado que na Arábia Saudita os xovens que estaban na Primavera Árabe sexan executados, e nada acontece; ou que as mulleres reciban lategazos porque conducen veículos». A realidade humana como simples tatuaxe dun Homo oeconomicus universal: un marco mental onde non hai posibilidade democrática dunha acción colectiva contra a hayekiana “xustiza” do mercado.

“A Venezuela é un território disputado por suas grandes reservas de petróleo”, lembrou Hector Navarro após as últimas eleicións (as de máis alta abstención na historia de Venezuela) que foi ministro cinco veces co comandante Chávez entre 1999 e 2012. No entanto, Navarro pensaba que Chávez estaba errado ao dar relevo a Maduro. “O problema é que Maduro non sabe a extensión de sua ignorancia e está cercado por persoas inúteis”, afirmou categóricamente. O mesmo pensamento político ten o progresista Rafael Simón Jiménez, que tamén estaba perto de Chavez no início e  coñece persoalmente Maduro. “É un home intelixente, mas tornouse un arrogante, intolerante e autoritario”, afirmou concordando na análise con Boaventura de Souza Santos que malia defender a Revolución Bolivariana  e a súa maioritaria lexitimización ten criticado  os seus “marcados rasgos autoritarios” facendo responsabel ao Estado venezolano da situación xa que após gañar as eleicións lexislativas decidiu que o único xeito de poder conquistar e  facer valer a súa vitoria era destruir a Revolución Bolivariana e  non corrixila. Porén, segundo Souza Santos «Venezuela non é unha ditadura, porque se fose unha ditadura  non poderia facer o que a oposición está facendo: queimando centros de saúde, queimando escolas, un helicóptero que bombardea a corte suprema, oposición na rua causando todo os tipos de problemas e provocacións mediatizadas por reportaxes como os de Sky News antes das eleicións da Asamblea Constituinte, sobre o que parecía case unha guerra civil en Caracas; mesmo que Sky News fixo na Libia, en Trípoli, e tamén en Mosul, na Siria, que mais tarde verificouse que eran falsidades. Cando as eleicións foran organizadas en 2015, as maiorias ficaran moi descontentas con alguns dos desenvolvimentos da Revolución Bolivariana, mas querian continuar coa revolución: corrixila, non eliminala. Unha sociedade crítica coas políticas actuais de Maduro, mas seguir o mesmo proxecto de inclusión social, para dar mais poder ás comunidades e aos mais pobres».

Rafael Simón Jiménez, acrescentaba hai uns meses : “Acredito que Maduro tenta facer unha virada economica, da mesma forma que a China fixo.” A cuestión é se a virada é posibel agora ou se é tarde demais. A hiperinflación no país é trepidante: os prezos subiran 897%. Unha oposición que parece unida só para destruír a Revolución Bolivariana, mas nada máis.

Se non tivera intervido Trump  -onte pola noite xa habia en Nova York quen celebraba a acción de Guaidó- a xa dificil situacion interna do país poderia ter atopado saida negociada.Se onte o escenario era complexo, hoxe ainda o é máis. Que imos ter a continuación?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off