off
Ecoloxía, Mar e Pesca, Medio ambiente — 24 Xaneiro, 2019 at 13:39

Tecendo Redes: dando valor á pesca sustentabel

por

Santiago é sede esta fin de semana dunhas xornadas organizadas por Greenpeace co alvo de reunir persoas do sector das novas economías e da pesca artesanal de todo o estado para revalorizar a pesca sostíbel. Tamén servirá para complementar  a Folla de Ruta para una Pesca Xusta e Sostíbel publicada por Greenpeace, onde se identifican iniciativas de éxito na venda de peixe sustentabel


Greenpeace acredita que se as as pesqueiras poden tirar proveito dos océanos sen estragalos, xa que mais do 90% dos stocks pesqueiros do Mediterráneo e o 40% do Atlántico están sobreexplotados. As xornadascentrarase en amosar diferentes modelos que fomenten as novas economías e que revaloricen o produto da pesca sostíbel. No obradoiro haberá tamén representación doutros sectores, como o enerxético, e asociacións de persoas consumidoras.

A venda de peixe e marisco é unha poxa á baixa que non valora de xeito diferencial nin a calidade, nin o respecto ao medio ambiente, nin as condicións sociais e laborais do produto final. Por iso xa hai diversas alternativas que ofertan ao público os seus produtos, contando a historia que hai detrás e salientando o valor social e ambiental destes modelos, que poñen directamente en contacto ao sector pesqueiro sostíbel co público (venda de peixe dende os seus barcos, no porto, a venda directa, a través de plataformas dixitais, etc), e que son unha boa opción que debe ser promovida e apoiada pola sociedade, o mercado, así como polas Institucións locais e nacionais.

Santiago de Compostela é unha das dez cidades que aceptaron o desafío Neopolitan lanzado por Greenpeace para unha cidadanía máis sostíbel, sendo a mobilidade un dos seus principais desafíos.

 

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: