off
Cedeira, Política local — 21 Xaneiro, 2019 at 9:59 a.m.

As mentiras do PP cedeirés sobre o Centro de día

by

O goberno municipal de Cedeira (PSOE, ANOVA e BNG) acusa de novo ao PP de manipular a realidade ao seu antollo e conveniencia, neste caso coa resposta dos populares cedeireses á campaña de recollida de sinaturas que se está a desenvolver no pobo, solicitándolle á Xunta de Galicia un Centro de día en Cedeira.


É cansativo ter que volver a lembrarlle ao PP de Cedeira, como tentaran “desaloxar” o local social dos maiores situado no segundo andar do Auditorio municipal, alugando un local innecesariamente e sin ser capaces, ningún dos dous alcaldes que presidiu o consistorio no anterior mandato, de explicar a razón de porque se alugaba un local privado para darlle un uso que xa existía nun municipal. Todo o pobo recorda, menos o partido popular ao parecer, a recollida de sinaturas das persoas maiores contrarias a mudar de local cando ninguén foi capaz de explicarlles porque o goberno popular tomara esa decisión. E de feito ao único que levou aquel “capricho” do goberno dos señores Rubido, foi a que existiran dous locais sociais de maiores en Cedeira, cun gran custo económico para o Concello e cun enfrontamento innecesario entre sectores da veciñanza.

A Asociación de Maiores lanzou esta campaña da apoio que esta a ser secundada por veciños e veciñas

Aquel goberno popular que nunca deu explicado os motivos de tanto sin sentido, sendo conscientes do malestar que crearan na poboación cedeiresa e ante a proximidade das eleccións municipais do 2015, “tivo unha idea : imos facer un centro de día no 2º andar do auditorio municipal”, e si chegaron a facer unha partida orzamentaria e a solicitar autorización á Xunta de Galicia, pero resulta que con data 26 de maio de 2015, tivo entrada no rexistro do Concello de Cedeira a resolución da Consellería de Traballo e Benestar, que denegaba a solicitude por non reunir o local proposto as condicións necesarias para o seu uso como centro de día.

Xa no pleno celebrado a última semana do mes de xullo de 2015, falouse tanto do Centro de Día como da ampliación da escola infantil e quedou mais que claro que os dous asuntos que lle serviran ao PP como eixo da súa campaña electoral non tiñan naquel momento ningún viso de realidade, eran promesas de última hora coas que o partido popular de Cedeira trataba de paliar o seu nefasto e rematado goberno.

A realidade coa que nos atopamos o novo goberno municipal foi con que, non existía ningún documento no Consorcio de Benestar da Xunta de Galicia da pretendida ampliación da Escola Infantil e coa resolución que non autorizaba a conversión do local social de maiores nun centro de día.

E si xa no seu día a recollida de sinaturas contra o peche do local social de maiores municipal foi moi molesta para o partido popular, hoxe que a Asociación de Maiores de Cedeira propuxera ao goberno e ao resto de asociacións que se quixeron sumar, unha nova recollida de sinaturas para solicitar a creación dun Centro de día en Cedeira tamén volveu a molestar ao PP, que en vez de sumarse a unha iniciativa tan importante para toda a poboación cedeiresa, reacciona mentindo e tratando de desprestixiar as melloras que intentan aportar as veciñas e veciños de Cedeira apoiadas polo goberno municipal.

En resumo, a realidade e a verdade da pésima xestión do anterior goberno do Partido Popular de Cedeira  é que non foi quen, porque non fixo o traballo que tiña que facer, nin de ampliar a escola infantil, nin de loitar por un centro de día, sen olvidar que ademais perdeu os cartos para un novo centro de saúde. E poden intentar manipular e terxiversar o que queiran porque as eleccións están moi próximas e tócalles despertar do letargo no que levan estes catro anos na oposición pero afortunadamente todos e todas temos memoria.

María Xosé Rodríguez Pérez é  concelleira delegada de Cultura, Turismo e Urbanismo do Concello de Cedeira


Para saber máis:

800 sinaturas contra o traslado do centro de maiores a un local privado

Sobre o traslado do Centro de Maiores a un baixo privado da Praza Roxa[2] Propostas

Sobre o traslado do Centro de Maiores a un baixo privado da Praza Roxa [1]

Cedeira exixe da Xunta un “centro de dia” con unha campaña de recolla de asinaturas

Negociando coas necesidades das persoas maiores

En plena crise o goberno local de Cedeira privatiza a xestión dun novo centro de día

Comunicado da plataforma veciñal de Cedeira a favor dun centro público da terceira idade

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off