off

A polícia española prende os alcaldes da CUP de Verges e Celrà en Girona

por

En total, a Policia Nacional detivo once persoas que son membros dos CDR (Comités de Defensa da República) e outras organizacions como La Forja  ou o SEPC  a partires dun atestado policial de autoria descoñecida por uns feitos acontecidos hai tres meses. O xulgado de Girona non ordenou a detención dos alcaldes e o TSJC confirma que as detencións foron feitas por iniciativa da policía española e non pol xultado de instrución número 4. En protesta, JxCat, ERC e a CUP abandonan comisións parlamentares no concello  de Barcelona


Segundo vén de informar Catalunya Ràdio, RAC1 e vários xornais catalás a polícia española prendeu o alcalde da CUP de Verges, Ignasi Sabater, por un crime de desorden pública. Pouco depois,  alertou que o alcalde de Celrà , Dani Cornellà, tamén da CUP, fora detido.O avogado de Sabater, Benet Salellas, afirmou en Catalunya Ràdio que unha patrulla policial esperou por ele esta maná diante da sua casa para prendelo cando  saiu para ir traballar.Sabater é acusado de desorden pública, mas seu representante legal di que non sabe “nen cando a desorden ocorreu ou os eventos que son referidos.” Da mesma forma, explicou que a prisión non é o mais comun en casos de desorden pública: “”para eses delitos es citado no xulgado, mas non es detido”. 

https://twitter.com/CUPNordOriental/status/1085438976536834048

https://twitter.com/cupnacional/status/1085445437325275136

Segundo informou a CUP nun tweet, tamén se detivo un CDR. Como consecuencia, a formación convoca unha concentración ante a comisaría de policía española en Girona, onde se trasladaron os detidos.

O avogado debullou se a prisión pode ter algo que ver cos ataques ultras  que sufriu a cidade, mas demostrou que nunca houbo ningún enfrontamento cos encarrapuchados ultras nen foi danado ben público ningún.

Durante os últimos meses, Verges foi vítima de múltiples ataques fascistas e de ultra-dereita en forma de pintadas e escuadróns para arrincar lazos amarelos e estreleiras

O pasado mes de abril, a fiscalía de Girona investigou ao alcalde de Verges por un presunto delito de odio e discriminación contra “a nación española e os corpos da Garda Civil” debido á denuncia pública que fixo aos medios dunha pinchada masiva de rodas de automóbiles o pasado mes de outubro.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: