off
Europa, Movementos sociais, Pensamento, Politica internacional — 15 Xaneiro, 2019 at 12:57 p.m.

Rosa Luxemburg, a liberdade de pensar diferente

by

Hai cen anos na Alemaña unha revolución  foi derrotada e bañada en sangue primeiro e esquecida depois. O asasinato da pensadora e política marxista Rosa Luxemburg sintetiza  un dos principais acontecimentos desta revolución


Na noite de 15 de xaneiro de 1919, desaparecía a mais importante  líder marxista da história do século XX , unha ex-membro do Partido Social-Democrata alemán, fundadora do Partido Comunista e lider da Liga Espartaquista da Alemaña. No domingo, millares de persoas prestaran homenaxe en  Berlin cun acto no monumento socialista que existe no cemitério de Friedrichsfelde.

“En xaneiro de 1919  asistin a unha reunión do KPD [Partido Comunista Alemán] no que Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht falaran. Sabia que els eran os líderes intelectuais da revolución, e  decidin que habia que matalos. Seguindo miñas ordens, foran presos. Às veces, hai que axir fora da lei. A decisión de matalos non foi fácil … Mas eu ainda acho que foi unha decisión moral lexítima “,  afirma Waldemar Pabst, capitán do exército prusiano, en 1962 que ordenou o asasinato de Rosa Luxemburg. Esmagaran o cránio ca golpes e terminaran cun tiro no pescozo para marrarar seu corpo con sacos cheos de pedras, guindándoo ao rio Spree. Non atoparan o cadáver até semanas depois. Pabst, que era da extrema direita, estaba convencido de que os comunistas serian esmagados. Mexia nos fios o goberno social-democrata alemán que tiña tomado o poder na secuencia da revolución de novembro de 1918 que derruba a monarquia e abriu as portas, co seu apoio ás milícias de extrema-direita, o camiño para o nazismo. Luxemburg e Karl Liebknech tornarasen incómodas para as clases dominantes e foran eliminadas

Muller, polonesa de orixe xudaica, intelectual marxista e pacifista
Luxemburg, no entanto, era moito mais que unha líder política. Polonesa e xudea, non só loitou contra a marxinalización da muller.  Foi unha das poucas mulleres activas na política nunha época enque as mulleres nen sequer tiñan dereito a voto. Ela  formouse e obtivo un doutorado en economia cando poucas mulleres foran a universidade. Alén diso, non viveu sua vida como esposa de alguén, o que foi unha ousadia  no final do século XIX e início do século XX, mesmo coa afouteza dun movimento operário e a presenza parlamentar dun partido de masas, o Partido Social-Democrata Alemán (SPD), que tiña un millón de militantes.

En 23 de outubro de 1918, deixou prisión apenas algunhas semanas antes de morrer. Tiña pasado os catro anos da Primeira Guerra  nunha  cela porque pediu aos soldados que recusasen loitar. E dende a prisión escrebeu millares de cartas e artigos. En 1915 escrebe: “A guerra é un asasinato en masa metódico e organizado”. En agosto de 1918 acabou  “A Revolución Rusa”, unha crítica aos bolcheviques. Nesta obra, que  foi publicada en 1922, afirma “Liberdade apenas para aqueles que apoian o goberno – tanto ten se son moitos ou son maioria – non é liberdade. Liberdade só pode ser a liberdade de pensar diferente “.Tamén nesta obra, ao tempo que critica e condena parte das táticas empregadas polo bolchevismo, foi unha ardente defensora da própria revolución.Velaqui as súas propias palabras:

«Neste último período, en que loitas finais decisivas son iminentes no mundo enteiro, o problema mais importante do socialismo, a cuestión candente da actualidade, era e é non esta ou aquela cuestiónstão de detalle da táctica, e si a capacidade de acción do proletariado, a enerxia revolucionária das masas, a vontade do socialismo de chegar ao poder. Nese sentido, Lenin, Trótski e seus amigos foran os primeiros a dar o exemplo ao proletariado mundial, e até agora continuan sendo os únicos que, como Huten, poden exclamar: eu ousei! […] Na Rusia, o problema só podia ser colocado. Non podia ser resolvido na Rusia. Só pode ser resolvido internacionalmente. E, nese sentido, o futuro pertence, por toda parte, ao ‘bolchevismo’»

Karl Liebknecht e Rosa Luxemburg morreran violentamente na noite de 15 a 16 de xaneiro de 1919. Fonte: picture-alliance / dpa

Na mesma noite en que asasinaran Luxemburg, mataran seu compañeiro de partido, Karl Liebknecht. Unha nota oficial informou que  dispararan por “tentativa de fuga”. A nota oficial que acompañou a morte do Luxemburg alegou que a “lincharan as masas”. Poucos dias antes de sua morte, cartaces foran mostrados nas ruas de Berlin dicindo: “Traballadores, cidadás! O país está se aproximando do fin! Salve! Está ameazado e non de fora, mas de dentro pola Liga Espartaquista. Matade seus líderes! “

O SPD entra para o goberno ainda antes da monarquia ser esfolada e ficou no poder cando o rexime apodreceu. O apoio á guerra  levou a unha cisión. A minoria  ficou no  USPD, Partido Social-Democrata Independente, que vai oscilar entre o apoio ao SPD e a revolta. Rosa Luxemburg participa activamente na polémica. A comezo de 1919 encontraremos os seus militantes nas barricadas.  A máis dos  centristas que se opoñen á guerra, hai un grupo revolucionário que quere construir a República dos Consellos, chamándose Liga Espartaquista e axindo  como fracción  independente no USPD antes de construir o Partido Comunista da Alemaña (KPD), xunguíndose cos  IKD, os Comunistas Internacionalistas, no auxe do proceso revolucionario. O rexeitamento da oferta de paz sen anexación por parte dos bolcheviques é apenas o estertor do imperalismo alemán. Motíns nas forzas armadas, greves e manifestacións levan á destitución da monarquia en novembro de 1918. A República é declarada e o todo o poder para o SPD. Por todo o país se forman Consellos de Operarios e Soldados. Por volta de mil foran os Consellos existentes na revolución de novembro. A maioria permanecerán formalmente nas maos da burocracia do partido tradicional da social-democracia. Porén hai sectores que teiman en que o poder fique nas maos dos Consellos e que as medidas de socialización avancen, como aconteceu na Baviera onde a un goberno  mais radical se une ao poder autónomo dos Consellos de Operários e Soldados.

Teoria do colapso do capitalismo

O legado de Luxemburg ten sido reducido a un pensamento espontaneista de fasquía catastrófica, mae de todos os desvios contrastada co leninismo e o “socialismo dos decretos”.  Un pensamento crítico que axe desde o apoio  crítico  da experiencia revolucionária rusa, expondo os riscos de burocratización que conduce ao abandono do eixo democrático. E, no entanto, todo o seu traballo teórico sobre o comunismo e algunhas de suas ideas sobre socialismo e capitalismo, democracia e ditadura, guerra e paz, nacionalismo, imperialismo e os dereitos das mulleres  inspiraran movimentos individuais e coletivos do porvir. Porque a ela tocoulle viver un tempo no que a barbarie vencía. A  líder comunista argumentou que o capitalismo se estenderia a países non capitalistas para sobreviver e, unha vez esgotados os territórios, entrarian en crise e entrarian en colapso. Socialismo ou barbárie, dicia. Porén, ela abandona a visión fatalista do socialismo do seu tempo. Nunca afirmou que a revolución chegaria automaticamente através dunha rebelión inscrita no ceu nen negou o papel do traballo organizativo partidário. A sua teoria da greve xeral deita todo o seu sentido no contexto da polémica co institucionalismo do SPD e após  o fracaso da revolta rusa de 1905.  Mesmo cos síntomas de colapso do capitalismo actual, o socialismo non está a virar da esquina. A revolución non se decreta, mas Rosa realiza unha crítica profunda dos limites do reformismo, na miraxe de que a “acumulación” das reformas levaria inevitabelmente a unha sociedade socialista, porén defendia o princípio da “ruptura revolucionária” xa que malia o colapso o capitalismo non acabaria por conta própria.

O legado de Luxemburg é  a liberdade e a democracia de base continua para alén de calquer dirixismo e burocratización.  O seu pensamento interpela a repensarmos no presente a relación entre medios e finalidades da política emancipatoria e entre emancipación individual e proxecto colectivo. Desloca a perspectiva para a subxectividade na política, a organización e consciencia individual contra a barbárie.  Na transgresión  política do cotiá a institucionalización fica fora de xogo. Prevalece o “axir por baixo” non apenas como forma de acadar os obxetivos mas como expresión creadora do proprio cambio. O que tradición marxista ten chamado “comunismo primitivo” ou o protagonismo político cumprido polas estruturas comunitárias existentes  resisten ao desenvolvimento capitalista desde o seu descentramento político e periférico

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: