off
Economía, Galiza, Movementos sociais, Opinião, Política, Politica espanhola — 15 Xaneiro, 2019 at 7:54 p.m.

155 perpétuo e sucursalismo

by
"Quen non se move non sente suas cadeas"
Rosa Luxemburgo
"Ainda somos colonias mentais"
Enrique Dussel

 

Intencións. PP e Ciudadanos dán certificado de admisión aos neofranquistas de Vox porque pertencen ao clán e, aliás, querendo ecualizalos con soberanistas catalás, bascos, galegos e máis Podemos e todo o que fica á esquerda,  Casado e Rivera tentan xustificar o  acordado na Andalucía e sua pretensión de afirmaren hexemonía en todo o Estado. Acontece que entre aqueles que queren expandir direitos e aqueles que defenden  o 155 a perpetuidade (valores autoritarios, patriarcais, xenófobos e excludentes)  hai unha diferenza de grau só admisíbel para fieis,  inxénuos e cínicos. Cando Vox se autovitimiza, entanto utiliza libremente o espazo público e os vieiros da democracia emprazada para contrapor as súas ideas, expresa un intento de propaganda baseado na confusión que pretende uniformizar ou igualar realidades diferentes.  Casado  e Rivera defenden que o partido de extrema dereita “está dentro da Constitución”. Casado acrescenta: “Todo o que está na Constitución pode ser falado, todo o que está fora da Constitución non pode ser falado”.   Con certeza? A liberdade de expresión – dereito a dicir, falar e ser escoitado- cando leva aparellada a responsabilidade libre de coerción é o miolo da democracia. Seica é o mesmo  defendermos a extensión de dereitos que clamarmos pola súa restricción? Quen decide o que é conflito e o que non? Quen decide o que pode e non pode ser decidido? Pura saudade da mafia única. Ou os simpatizantes do PP son amnésicos ou entenden que seu partido funciona como unha organización criminosa e, portanto, mede o valor de un político por causa de sua capacidade de florescer en cargos públicos. A outra hipótese é a mais factíbel e, portanto, vale a pena levala en conta para entender como a corrente de opinión maioritária foi formada en favor dun retorno ao pasado. A clientela tradicional do PP  e do PSOE  acredita que o problema social de España é o mesmo, digamos da Galiza.  No dilema de viver sob o temor de parlamentar cos pecadores e criminosos catalás ou de recuperar a paz social,  escolleran o que consideran un mal necesario. En troca de tranquilidade,  están dispostos a tolerar o saque ordenado e pacífico procedimento de saqueamento de pensionistas e pensións (Raxoi xa lles mostrou o que está por vir), como se non houbese relación de causa e efeito entre os gobernos corruptos, o apoio de Sánchez ao 155, Andalucía e o silencio de Podemos. Pois no seu “non” inesperado aos orzamentos móstrase o ter descoberto agora que os soberanistas catalás non desliguen o nacional ao social. Por iso ameazan agora con non aprobar os orzamentos xerais do Estado que tiñan pactado, gabado e predicado. Por que non todo son números cando o que é xogado se escribe coas palabras que nos permiten pensar, falar, asociar e decidir.

No entanto, a diferenza da esquerda institucional española, a dereita e a extrema dereita ten moi claro o que quer: centralización de competencias educativas, control dos libros de texto,  desaparición das autonomías, supresión de organizacións feministas, etc. Quere laminar e mesmo negar dereitos fundamentais, lingüísticos e culturais, as políticas de inclusión e igualdade de xénero.  Ainda que  a constitución española que din adorar “recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran”, “garante a ideoloxia, relixiosidade e culto de indivíduos e comunidades sen mais limitación, en suas manifestacións, do que o necesário para a manutención da orden pública protexida por lei” e afirma que as linguas serán objxecto de “especial respeito e protección”. A declaración de intencións da dereita serve para enfitarmos que veñen a por todos. Tamén a por aqueles territorios onde non teñan maioría.

Orzamentos.  Desde unha perspectiva galega a continuidade do goberno do PSOE  non depende do apoio incondicional aos seus orzamentos. É posíbel entendermos que, cunha visión estritamente pragmática, considerar  que deberia ser posíbel implementar recursos, o que poderia levar a gaños imediatos. Pode parecer que esa posición aberta á aprobación de contas sexa a máis política. Mas tamén é facer política permanecer forte diante de certas liñas vermellas e procurar as forzas disponíbeis no país (nomeadamente cando eses orzamentos levan anos consumíndose  en rematar sine die o AVE na sua conexión con Madrid que se sabe está a ser un desbalde pois non se necesita nen será rendibel). Hai exemplos a eito:  velaí os demócratas nos Estados Unidos, causando unha paralisia moi séria da administración ao oporse aos orzamentos  que queren construir o muro na fronteira mexicana ou coa dramática recusa a aceitar o acordo de Theresa May do Brexit coa UE.  A precariedade social e laboral, o envellecimento e a emigración xuvenil, a situación social, política e económica galega é menos grave que a americana ou a británica?  O apoio incondicional aos orzamentos do PSOE é toda una declaración de dependencia que torna sucursalismo  o  proxecto político de Unidos-Podemos e En Marea que na actual coxuntura política de reacción ultra, reforza  o intento dirixista de colocar  “as marés” en coordenadas españolas. Villares, desmarcándose da molicie sucursalista do discurso de Yolanda Díaz en Madrid, pide  agora “unha negociación bilateral” para mudar de “xeito substancial” as contas. Hai plan? Principios e liñas vermellas, u-las? Somos cientes que non é  só cousa de números, que o que é xogado é un 155 perpétuo, que o que se debulla é se o dereito de autodeterminación é un delito, que podemos acabar intervidos todos?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off