off
Arte, Cedeira, Pintura — 11 Xaneiro, 2019 at 08:04

Arte urbana en Cedeira

por

Adrián Taracido  recria  seis paisaxes e construciónss mais representativas das terras de Cedeira na estación de bombaxe da E.D.A.R


A cámara municipal de Cedeira quer transformar os espazos públicos en arte urbana, unha idea que xa é unha realidade no caso da estación depuradora de aguas residuais do parque do Romeiro (no pozo redondo, rente o Condomiñas). Desde hai dias, esta instalación xa luce aspecto totalmente renovado grazas a intervención de Adrián Taracido Fernández,  artista local que recriou as seis paisaxes e construciónss mais representativas das terras de Cedeira: a garita de Herbeira, o castelo da Conceición, a praza la Laranxeira ou do Concello, a Peixeira do Pericoto, a capela de Santo Antón e o porto son alguns dos lugares que os moradores e visitantes  poden recoñecer.

O montante desta primeira intervención foi de 5.687 euros (IVA incluído) e a intención da equipe de goberno é “loitar contra o feísmo nos espazos públicos e criar diferentes galerías de balde sen paredes nen teitos”.
Fontes da cámara municipal destacaran a grande aceitación da viciñanza en relación a esta primeira intervención no parque do Romeiro e dise que “queremos facer do pobo unha galeria de arte urbana, alén de ser un recurso turístico atraente que permita coñecer a nosa vila doutro ponto de vista, como lugar mais amistoso para o ollo de quen olla e vé a arte onde antes via feísmo e enxerga un espazo de relación social mais habitábel “.

Adrián Taracido Fernández está vinculado à empresa que criou para a asociación “Rampa” alguns libros infantis para colorir, con base no patrimonio de Cedeira, unha idea que contou tanto com a aprobación da entidade como do público que i a dirixida.

 

Paredes que falan

A expresión arte urbana xurde  inicialmente asociada aos pré-urbanistas culturalistas como John Ruskin ou William Morris e posteriormente ao urbanismo culturalista de Camillo Sitte e Ebenezer Howard (designación “culturalista” con cuño de Françoise Choay). O termo era usado (en sentido lato) para identificar o “refinamento” de determinados trazos executados polos urbanistas ao “deseñaren” a cidade.

Da necesidade de flexibilidade no deseñar da cidade surxiu a figura dos planos­­ de xestión. Este feito fixo cair en desuso o termo arte urbana, ficando a relacióno entre Arte e cidade confinada durante anos à expresión arte pública. Para algúns arte urbana e para outros sinónimos de incivismo, como apropiacións insolentes do espazo urbano cando graffiti non consentido ou realizado en espazos senlleiros ou patrimoniais.

Dada a dificuldade de encadramento das inscripcións murais feitas à revelia das autoridades e proprietários no conceito de arte pública, asistese a un rexurdimento da designación de “arte urbana” que pasou a incluir todo o tipo de expresións criativas no espazo colectivo. Alén do grafite, a arte urbana tamén inclue estátuas vivas, músicos, malabaristas, pallazos e teatros. Esta designación adquiriu asín un novo significado e pretende identificar a arte que se fai no contexto urbano à marxe das institucións públicas. Porén, nos últimos anos é a própria administración quen procura esta expresión artística complexa para propor alternativas de reconfiguración e resignificación mais ou menos integrada ou cosmética dos espazos físicos e sociais, entre a identidade, autonomía e subordinación. A perda irreparabel de referentes identitarios, históricos e antropolóxicos vinculados á arquitectura da pesca ou do agro, as suas construccions adxectivas,  deitou unha imaxe enrarecida e completamente allea de moitas vilas e cidades galegas. Nomeadamente cando trama e a desfeita urbana  non se entrelazou coa trama histórica nun novo relato.

Na década dos oitenta Cedeira tivo as primeiras manifestacións de arte urbana vinculada aos movimientos sociais e políticos de acción colectiva con murais de contestación á enerxia nuclear, á entrada na OTAN,a favor do dereito de autodeterminación ou de solidariedade co pobo palestino cando a primeira Intinfada (de 1987 a 1993 ), tamén  no mural de artista (velaí a intervención de Gerardo Lorenzo «O Nacho» no cimal da calexa das Forxas) e que tivo continuación nos obradoiros de pintura efémera dos primeiros Samain. Tratábase de expresións insolentes que nos alertan sobre até que ponto o espazo urbano e vilego non é apenas unha forma ordeira ou un sistema ordenado e menos o que, en moitos casos, gostarian que fose hoxe: un produto para venda e unha mera fonte de benefícios. Eses episódios regularmente repetidos nas metrópoles lémbrannos que toda cidade é ou vai acabar sendo o que é: unha infinita confusión, un inesgotábel protoplasma de loita e paixón.

 

 

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: