off
Economía, Galiza, Movementos sociais, Traballo — 10 Xaneiro, 2019 at 08:52

A Galiza perdeu 67.253 empregados nos derradeiros oito anos

por

Perda de poder adquisitivo. 302.233 menores de 36 anos non acadan o salario medio anual galego. Nos contratos a tempo parcial é onde hai máis fraude nas horas. A fenda salarial das mulleres mantense no 21,6%


A CIG  vén de apresentar en rolda de imprensa o Informe de Rendas Salariais do último ano -con dados baseados na memória da Axencia Tributária: ‘Mercado de Traballo e pensións en fontes tributárias’- no que se constata o medre das desigualdades e da precariedade; a perda de capacidade adquisitiva da clase traballadora, por mor do modelo económico e de relacións laborais nacido das diferentes reformas laborais aprobadas desde o 2010, nomeadamente a de 2013, que supuxeron un duro ataque ao dereito á negociación colectiva e tiveron consecuencias alarmantes no mercado laboral, xeneralizándose os empregos mal pagados e de escasa duración,  onde unha de cada cinco persoas asalariadas apenas chega ós 2.000 euros brutos anuais ou onde un terzo da poboación ingresa, como máximo, o SMI.

A CIG  chama a mobilización para recuperar dereitos laborais e salariais a través da negociación colectiva. Unha situación diante da que defenderá toda unha serie de propostas, en materia de negociación colectiva, para defender ao longo de 2019 co obxectivo de combater esta situación e recuperar os dereitos laborais e salariais da clase traballadora galega.

Perda de poder adquisitivo

Na presentación, o secretario xeral da Central Intersindical Galega (CIG), Paulo Carril, denunciou a perda de poder adquitivo e o medre da desigualdade salarial, e polo tanto, social como consecuencia da crise e advertiu que o 70% dos convenios asinados no ano 2018 carecen de cláusula de garantía salarial, o que, ao seu entender, “pon de manifesto que aínda está lonxe a recuperación dos salarios perdidos dende o comezo da crise”.

Subliñou que a perda de poder adquisitivo desde o 2009 ao 2018 é maior do 11% e que, un ano máis “as diferenzas no PIB entre as rendas do traballo e as rendas do capital vanse a agrandar”. Asegurou que en Galiza “pasamos dun salario medio do 95,5% da media do Estado español no 2009 ao 97,5%, producíndose un medre das diferenzas por ingresos salariais”.

Exixe a derrogación da reforma laboral para frear o medre da pobreza e das desigualdades.302.233 menores de 36 anos non acadan o salario medio anual galego. Nos contratos a tempo parcial é onde hai máis fraude nas horas

Lembrou que os últimos datos do paro “constatan a gravidade desta situación”, porque “hai menos persoas desempregadas rexistradas nos servizos públicos de emprego, pero descende tamén a afiliación á Seguridade Social respecto do mes anterior en 3.764 afiliadas de media respecto ao mes de novembro” o que confirma de novo que a destrución de emprego é moi superior ao que se percibe no paro rexistrado.

Non diminúen as desigualdade por xénero

A pesar de que durante este período se produciu un acercamento entre os ingresos por salarios das mulleres e dos homes, os das mulleres seguen sendo moi inferiores ós dos homes. No ano 2009, os ingresos das mulleres representaban o 76,9% dos dos homes. No ano 2017 representan o 78,4%, 1,5 puntos menos de diferenza. Porén, “a fenda salarial mantense no 21,6%”.

A fenda salarial das mulleres mantense no 21,6%

Diante destas cifras advertiu que “ese achegamento nos salarios non se produciu polo medre dos ingresos femininos, senón pola destrución de empregos masculinos mellor remunerados, deuse polo tanto un acercamento a baixa”.

No que atinxe o emprego, foi entre os homes onde se destruíu emprego neste período, concretamente un 11,6% desde 2009, entre as mulleres medrou a ocupación un 2,9%.

Emigración

Perda de emprego asalariado, desde o comezo da crise en Galiza é do 6,2% fronte ao 0,6% destruído no Estado español e que isto, xunto coas baixas na Seguridade Social, que son sempre superiores ás altas, confirman que “o que medra é a emigración”.

Denunciou a perda xeneralizada de poder adquisitivo e o aumento da precariedade en todos os sectores, que se traduce en que un terzo da clase traballadora galega perciba ingresos inferiores ao SMI (735,90). Un feito que relacionou directamente “co aumento das empresas multiservizos e centros especiais de emprego, aos cales aínda non fomos quen de parar e seguen aumentando a súa presenza”, mais tamén o incremento dos falsos autónomos, “nova forma de explotación fomentada con medidas de apoio e promoción por parte da administración do estado e galega” ou o uso indiscriminado de ETTs que, nalgúns sectores, son xa máis do 50% dos cadros de persoal.

O secretario xeral da CIG alertou do aumento dos contratos a tempo parcial, que supoñen un 15% do total da clase traballadora galega ou a falta de regulación e control no traballo transfronteirizo e nas condicións laborais e salariais destes traballadores/as.Para conseguir a recuperación salarial os incrementos deberían ser do 3%

 

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: