off
Cedeira, Saúde — 28 Decembro, 2018 at 8:09 a.m.

Cedeira aproba os plans provinciais e a merca do edificio da Sindical co fin de aumentar o Centro de Saúde

by

Adquire o edificio co obxectivo de ofrecerllo  á Consellería de Sanidade para aumentar unhas instalacións que arestora mostran graves insuficiencias tal como foi recoñecido no seu dia polo propio Servizo Galego de Saúde.


[Pingota Comunicación] O pleno de Cedeira aprobou os proxectos incluídos no POS+2019 e no Plan Complementario da Deputación da Coruña, que suman un total de 369.840,64 euros. Entre as actuacións previstas está a instalación dunha nova rede de saneamento nas rúas Estrada, Valdoviño, San Sadurniño e Travesía da Praia, a mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública na avenida Castelao e a extensión da rede de saneamento a Vilacacín.
O proxecto da rede de saneamento, orzamentado en máis de 191.000 euros e cunha aportación municipal de 94.700 euros, dará lugar a la demolición da rede existente -a base de tubaxes de fibrocemento- e á colocación dunha separativa para evitar os continuos atascos que agora se producen polo mal estado e a escasa pendente das canalizacións. A intervención rematará co asfaltado da rúa.
A obra de mellora enerxética que se pretende levar a cabo na avenida Castelao require dun investimento de 55.421,99 euros e basicamente consistirá na substitución das luminarias existentes por outras de tecnoloxía led. A antigüidade e o consumo das actuais, así como a contaminación lumínica que produce están entre as razóns que xustifican o investimento, segundo o goberno municipal.
A extensión da rede de saneamento en Vilacacín chega aos 77.000 euros de investimento e dará lugar á instalación de tubaxe ao longo de 640 metros e a construción de 21 pozos de rexistro para poñer en funcionamento un servizo do que actualmente carece este núcleo rural da parroquia de Cedeira.
Na sesión plenaria tamén se adoptou a decisión de adquirir á Consellería de Medio Rural a planta baixa, a terceira e o baixo cuberta do edificio das sindicais, por importe de 60.913,93 euros, para garantir a ampliación do actual centro de saúde.
Trátase dun proxecto que no seu día deu lugar ao pronunciamento do Parlamento Galego, no sentido de instar á Xunta a dialogar con Concello para chegar ao acordo, así como a reiteradas xestións, a todos os niveis, por parte do goberno co fin de incrementar ata un 40% o espazo construtivo do actual centro de saúde, unha necesidade que mesmo foi recoñecida polo propio Sergas.
Foi no seu momento a propia Dirección Xeral de Recursos Económicos a que falou da necesidade de ampliar as actuais instalacións “mediante a cesión dun terreo o ben mediante a cesión de espazos anexos xa construídos que puideran utilizarse para asistencia sanitaria”, unha petición que tivo como resposta por parte da corporación, o inicio do expediente para a adquisición dos tres andares  que son propiedade da Xunta para, coas que son do Concello, ceder todo o inmoble á Consellería de Sanidade para aumentar unhas instalacións moi deficientes en moitos aspectos. Desde o equipo de goberno destácanse as deficiencias estruturais no servizo de urxencias, así como a falla de espazos para dispoñer de salas de reunións, almacén, sala acondicionada para cirurxía

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: