off

PSOE obediente e sen oportunidade

por

O caso é que non hai maneira de enfeitar a imaxe dun consello de ministros que Sánchez nunca debeu tentar organizar en Barcelona, no medio dun escenario represivo, con líderes na prisión sen condena firme e o fracaso por apropiación do totem diálogo. Seica primeiro non habia problema; despois pasouse ao dialogo dentro da lei; se é así, con estas coordenadas, hai lugar para ele?; dialógase entre iguais e, as veces, o millor é calar, axir por xestos e afagos. Cando Sánchez lanzou a idea deste consello de ministros en Barcelona procurabase un simbolismo de distensión que após o acontecido nas últimas semanas, preténdeselle dar un aquel de “normalidade institucional” tendo como ranzo mediador evanescente a Foment del Treball. Normalidade, u-la? A dun país con líderes civís e políticos no cárcere? A “normalidade” dun xuizo do 1-O a celebrar en única instancia no Tribunal Supremo sen  argumento xurídico para que así sexa?

O día 2 de outubro de 2017 o PSOE defrontou un dilema e optou polo vieiro da violencia institucional promovida por Rajoy, a caverna  e  as baronías do PSOE (Andalucía, Aragón, Castela-A Mancha e Estremadura). En vez de desvincular, promoveu o «¡A por ellos!» diante un escenario de non violencia e pacifismo emocional. Acrescentar, ainda, que foi o PSOE quen anunciou a reprobación da vicepresidenta Sáenz de Santamaria para acabar abandonando esta reprobación logo do infame discurso de El Rei. Desta tomada de posición deriva o que agora son os seus efectos. De  ter escollido outro vieiro talvez hoxe non tería gobernado mas non tiña adicionado a súa opción á crecente monarquización das institucións. Quer dicer, non se albisca unha solución sen un referendo e esa posibilidade política ficou hipotecada  para o PSOE.  Da  súa aderencia ao marco político deseñado desde a extrema dereita derívase a súa mao dura co independentismo malia terlle facilitado a moción de censura que o colocou no goberno central. O PSOE ficou sen escolla.

O surprendente seria que a cidadanía catalá non amosara rexeitamento a un consello de ministros no aniversario das eleicións do 21-D que gañou o independentismo ainda que foran concebidas e convocadas para que perdera. Mas o Estado precisaba lexitimar esa vitória no campo dos acontecimentos, obtida pola forza, cunha vitória nas urnas. O Estado non tivo a vitoria que procuraba, porén, os líderes soberanistas foran para a prisión e o exílio nunha causa xeral lanzada contra o soberanismo. Prevese o desdobramento de mais de 1.300 efectivos da policia e a guarda civil que a esta altura só pode ser interpretado como provocación e voz de mando, en perfecta aliñación  coa dereita española en Cataluña, que non fai outra cousa que provocar para  xerar caos. Velaí a invocación permanente á aplicación indefinida do 155, agardando resultados eleitorais “favorábeis” o que significaría, como ten apuntado Enric Juliana “a mutilación da democracia en toda España. Quer dicer, un golpe de Estado”.

 

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: