off
Cedeira, Política local — 19 Decembro, 2018 at 11:23 a.m.

O goberno tripartito de Cedeira defende o seu labor diante os “insultos” do PP

by

En comunicado o goberno de Cedeira (PSOE, BNG e Anova)  non se mostra sorprendido polas críticas “gratuítas” e “inconsistentes” do portavoz do PP, xa que Luis Rubido non realiza ningún tipo de seguemento dos asuntos municipais


Ante unha “política de insultos e baleira de contidos e mesmo até de comentarios case infantís, na que non vamos entrar”, o equipo de goberno destaca tanto a súa forma de traballar “recibindo á veciñanza” como os resultados da súa xestión á fronte do Concello “mirando de facer cosas e de participar na vida social, cultural e deportiva da vila”. Así o pon de manifesto, segundo o executivo, o feito de ter contratadas máis obras nos últimos dous anos e medio que durante todo o mandato de Luis Rubido na Alcaldía, “do que só está a ficar a herdanza do catastrazo que aínda estará en vigor ata o ano 2023”, aseguran desde o goberno cedeirense.
Os responsables municipais entenden así mesmo que Luis Rubido continúa a actuar na oposición como xa o fixo como alcalde, é dicir, sen realizar ningún tipo de seguemento dos asuntos municipais, “polo que non sabe o que se está a facer desde o Concello”, e sen dedicarlle todo o tempo que require o labor público.
Neste sentido, critícase que só estivera dúas horas no Concello, de 11.00 a 13.00 horas, e “a contratación de cargos de confianza que fixeron a dedo, dos que nós non fixemos ningún”. Rubido tampouco tiña por costume recibir á xente, segundo fontes consultadas do goberno municipal.
Pola súa banda, en nome do goberno tripartito, o alcalde, Pablo Moreda Gil destaca que “é un orgullo estar á fronte desta corporación e poder atender a todas as persoas que requiren da nosa atención para tratar de solucionar aqueles problemas que lles preocupan”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off