off
Galiza, Lendas — 17 Decembro, 2018 at 8:09 a.m.

Xa vén o Apalpador nun video musical de Leandro Lamas e Roberto Grandal

by

José André Lôpez Gonçâlez (Guitiriz, 1955) foi o primeiro investigador do coloso do Courel e responsábel de que para o s.XXI, en moitas vilas e cidades galegas, o Apalpador ou Pandigueiro se teña reintroducido de xeito natural (facíase cadrar co solsticio de inverno) como rito de noso que chega da montaña galega. Cando o mundo rural devala, esvaece e mesmo se nega na construcción da “urbanidade”, a recuperación do Apalpador vén pode significa un proceso de distinción xerador de memoria oral e de coñecimento da nosa identidade colectiva.

O carboeiro do Courel perviviu nas cantigas que Lôpez Gonçàlez resgatou no artigo O Apalpador: personagem mítico do Natal galego a resgate” e publicado no Portal Galego da Lingua en 2006. A boa recepción deste personaxe deriva de ser unha figura arquetípica cuxa encomenda non é outra ca de procurar o benestar e fartura das crianzas. Desde a súa moradia nas devesas carboeiras, o xigante con boina, roupa esfarrapada e cachimbo en boca,  ven nas noites de 24 ou 31 de decembro a apalpar a barriga das crianzas para ver se comeran ben durante o ano, deixandolles un presente de castañas.

Manhã é dia de cachela,
que haverá gram nevarada
e há vir o Apalpador cuma
mega de castanhas.

Por iso é representado como fornecedor de alimento (castañas) e calor (carboeiro). Atributos apotropáicos (quer dicer, que afasta calamidades) e que no sustrato preindoeuropeu  tamén é representado como ritual sacrificial de animais para manter a esperanza dunha boa colleita que asegure alimento e mantenta. Non é por acaso que o Apalpador se mantiver vivo nas cantigas de Nadal do Courel, xa que o apotropismo ten o alvo de afastar un perigo ou evitar un mal, só polo poder da palabra.

 

 

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: