off
Economía, Estado, Movementos sociais, Opinión, Política, Traballo — 15 Decembro, 2018 at 8:24 p.m.

30 anos da greve que parou España: o derradeiro hurra

by

O que é provén do que non é,
e o que non é contén o que é
(Lao-Tse)

 

Manifestación en Palencia, 14 de decembro de 1988

Fiéis à rotina das efemérides, a greve de 14 de decembro de 1988, lembrada como o “dia en que a España parou”, xa ten quen escrebe e lembra. Vários artigos e libros, alguns dos cales son descaradamente institucionais, chegaran ao encontro. Na maioria dos casos, para reivindicar a posición de seus principais protagonistas: Comisións Obreiras (CCOO) e a Unión Xeral de Traballadores (UXT), xunto coa Confederación Nacional do Traballo (CNT) enfrontáronse á política económica de Felipe González. Pouco importa que nestes trinta anos as identidades iniciais teñan sido obscurecidas até se tornarem case irrecoñecíbeis. A CCOO e a UXT, vistas a partir da aCtualidade prosaica, ten pouco a ver coas organizacións que lideraran o 14-D. Da ceca para meca,  vimos de todo e ainda non estamos curados de espanto.Un secretario xeral de Comisións, José María Fidalgo, convertido en comisionista áulico da Marca España nada máis abandonar o cargo, e a dirixentes destes sindicatos e a membros da cúpula uxetista metidos de fouce e couce xunto a reitores da patronal, no desfalque multimillonario dos cartóns black.

Por iso é polo que volver ao relato-crónica dos feitos isolados poida servir, máis que para recoñecernos nunha xornada que uniu a traballadores e cidadáns ante ao despotismo gobernamental, para vivir daquelas rendas e de paso branquear as políticas que aquí e agora practican as direccións de CCOO e UXT. Será preciso ir ao que ocorría nas marxes do conflito e visualizar o seu contexto se queremos ter medida e perspectiva do que realmente supuxo aquel 14-D de 1988, en que medio país deveu de brazos caídos e a televisión oficial colgou a carta de axuste. E sobre todo, explicarnos porqué aquilo resultou a final de contas un doloroso éxito, ou se mellor quérese, unha xubilosa derrota. Demostrou que só na loita responsable e na unidade que nace do sentimento común (nunca na falsa unidade: a unicidade) pódese bater ao poder. Pero tamén que nos Estados actuais, burocratizados teimosamente e convertidos en empresas públicas das que dependen moitas persoas, a clase política que controla o BOE pode reverter en diferido batallas que en orixe lles foron adversas.

O litixio que galvanizou o 14-D viña fraguándose tempo atrás. Quizá desde o momento en que os partidos da transición acordaron os predemocráticos Pactos da Moncloa (25/10/1977), un paxe 30 anos da greve que parou España: o último hurrade medidas coas que o réxime xurdido da ditadura accedía ao pluralismo político e ao mesmo tempo asumía sen maiores reticencias a folla de ruta do libre mercado, no limiar mesmo de que a economía capitalista mutase para código neoliberal. Vamos levar en conta que a Transición prodúcese no intervalo de dúas crises sucesivas do petróleo (a de 1973 e a de 1979), que obrigaría a reestruturar o modelo produtivo até entón hexemónico en Occidente. Precisamente na dinámica deses novos acenos de identidade que despuntaban configuraríanse a Constitución (6/12/1978) e o Estatuto dos Traballadores (Lei 8/1980, de 10 de marzo), dous troqueles da nacente etapa democrática. Nese sentido, a onda expansiva do 14-D implica tamén un reproche sobre o actuado pola clase política de costas aos traballadores (lembremos que os Pactos foron iniciativa dos partidos e que só a posteriori quedaron rubricados polos sindicatos). Por encima de todo, o machadazo veu coa prohibición das greves de solidariedade. O nom sequitur do derradeiro hurra!.

Como ordena o manual, as reformas flexibilizadoras-liberalizadoras da década dos 80 xustificáronse para lidar a crise e combater o desemprego. E por esa pista de aterraxe coáronse medidas que xibarizaban dereitos recolleitos no ET, que sufriu a primeira reforma en 1984 polo titular de Traballo Joaquín Almunia, que andando o tempo sería o xefe dos “homes de negro” para o austericidio na súa condición de Comisario de Asuntos Económicos e Monetarios da Comisión Europea de 2004 a 2010, e de Competencia e Vicepresidencia do 2010 a 2014. O contrato a tempo parcial e as indemnizacións por despedimento, brotes verdes para a patronal, foron, entre outras modificacións, o embrión do cancro que tres décadas despois devasta ao mundo do traballo. A pesar de que neses momentos a economía crecía case ao 6%.
Daqueles ventos proceden estes lodos da sociedade dual. E foron obra dun goberno socialista que ostentaba unha enorme lexitimidade ao lograr a maioría absoluta nas eleccións de 1986 (22 de xuño), onde obtivo 184 escanos. Todo iso a rebufo do triunfo logrado meses antes no referendo sobre a permanencia de España na OTAN (12 de marzo) e o prestixio internacional cultivado pola entrada en vigor da acta de adhesión na Comunidade Económica Europea (1 de xaneiro), asinada o ano anterior. Avais de pompa que serviron ao felipismo rampante para tentar avanzar na dirección que a contorna política, social e económico de acollida reclamaba. Con eses vimbios os  na altura ministros de Economía e Facenda, Carlos Solchaga, e Traballo e Seguridade Social, Manuel Chaves (o de EREs), comezaran a bourear. O lema do momento era “modernizar España” incorporando ao país na estratexia do que Luc Boltanski e Éve Chapiello cualificaron nun famoso traballo como “o novo espírito do capitalismo”. O que no plano da vida cotiá leva neutralizar os focos de reconciliación entre as posicións críticas e a resistencia mutualizada.

Esas coordenadas xa indisimuladas nas medidas ditadas polo goberno do PSOE confluíron para o foguete da greve xeral do 14 de decembro de 1988, que axuntou nun mesmo afán a todos os sindicatos, maioritarios e minoritarios, co apoio @decidido de Esquerda Unida (EU), Eusko Alkartasuna, Euskadiko Eskerra, Herri Batasuna e os restantes grupos extraparlamentarios. O detonante para as mobilizacións estivo na aprobación do Plan de Emprego Xuvenil (PEJ), o típico expediente  para provocar unha desvalorización salarial e contractual xeneralizada no mercado do traballo coa escusa de repartir os sacrificios entre veteranos ocupados e mozos sen emprego. Os grevistas do 14-D contaron co altofalante internacional que prestaron a Confederación Europea de Sindicatos (CES), a Federación Sindical Mundial (FSM) e a Confederación Internacional de Organizacións Sindicais Libres (CIOSL). En chave galega,esa greve xeral contra a regresión na contratación da mocidade que implicaba o Plano de emprego xuvenil  foi o punto de inflexión que marcou unha mudanza de tendencia en Galiza. CXTG e INTG realizaron convocatorias propias en chave nacional galega e de clase.

Para a historia anecdótica, lembrar que o Centro Democrático e Social (CDS), o partido levantado por Adolfo Suarez sobre as pavesas da antiga Unión de Centro Democrático (UCD), proclamou a legalidade da greve xeral. Cóntao con louvabel rigor Sergio Gálvez Biesca no seu libro “La gran huelga general”.El sindicalismo contra la modernización socialista”.

Mentres tanto, o presidente do goberno Felipe González e os seus terminais afíns trataban de sementar dúbidas sobre o móbil da convocatoria. As consignas espalladas conxuntamente por Ferraz e Moncloa ían desde insinuar unha alianza entre a CEOE e a franquista Alianza Popular (AP) para tombar ao executivo socialista, até lanzar a voz de alarma sobre os efectos destrutivos que a greve podía ter para a prosperidade da cidadanía. Neste sentido, é revelador o ton de descarada sinceridade do editorial que, baixo o título “Un xogo perigoso”, publicaba El País o 7 de novembro á vista do rexeitamento frontal do PEJ por parte das organizacións sindicais. “O chamado Plan de Emprego Xuvenil do Goberno dicía o xornal- responde esencialmente a un imperativo demográfico [?] Neste contexto convén situar a proposta do Goberno que consiste esencialmente en reducir ao mínimo os requisitos para este primeiro emprego: duración máxima do contrato de 18 meses, salario mínimo interprofesional e exoneración de cargas á seguridade Social, de tal maneira que o custo para as empresas destes novos postos de traballo establézase ao redor dun terzo do custo (sic) dun posto de traballo en condicións normais [?] Trátase dunha cuestión de prioridades, e se do que se trata é de que os mozos atopen emprego, mesmo se é precario, haberá que enfrontarse con lucidez cos problemas que expón esta necesidade?. E concluía sentando cátedra cunha basta descualificación: “A actitude de rexeitamento sen concesións é propia dunha filosofía de non participación, que satisfará sen dúbida aos máis radicais, pero que ten pouco que ver coas pautas que deben inspirar o funcionamento dunha economía tan complexa como a nosa”. Nese momento os dous medios máis influentes, o ente público Televisión Española (sen competencia ao non existir aínda canles privadas) e o rotativo de présa, tiñan á fronte a profesionais pouco sospeitosos pola súa fasquía esquerdista. En TVE mandaba a prestixiosa directora de cinema Pilar Miró e para dirixir El País fora nomeado un mes antes Joaquín Estefanía, xornalista e economista próximo ao PCE, que hoxe figura como patrón da Fundación Felipe González.
A contundencia da greve e o seguimento masivo en todo o país forzou a un acurralado felipismo a retirar o Plan de Emprego Xuvenil, imprimindo un morno “xiro social” ás súas políticas. Porén, aínda que se aprobaran melloras como as pensións non contributivas e a negociación colectiva para os funcionarios públicos, tratábase dun repregamento táctico. Cando a protesta espallou, após revalidarse no goberno ao gañar as eleccións do ano seguinte, o PSOE foi recuperando a senda socio-liberal interrompida polo impacto do 14-D. Non sen antes pasar unha durísima factura á plana maior de UXT con Nicolás Redondo á fronte, que en 1987 ousara interporse na marcha triunfal do partido irmán abandonando o seu escano de deputado. En 1991 a prensa destapaba unha estafa multimillonaria ao redor da cooperativa de Promoción Social de Vivendas (PSV) avalada polo sindicato, escándalo que levaría á súa intervención posterior e ao procesamento dos seus xestores. Entre outros, o secretario de finanzas de UXT e algúns históricos do aparello que contribuíran ao éxito esmagador da gran de greve. Gato branco, gato negro, Ferraz non cara a prisioneiros.
O 14-D de 1988 foi unha especie de canto de cisne do sindicalismo autónomo e de clase. Despois viría unha abóbora de regresións máis ou menos encubertas, unhas veces pactadas cos “axentes sociais” e outras impostas polo ordeno e mando legal: a abusiva desregulación social ás costas á xente, o financiamento das centrais maioritarias por medio de cursos para a formación continua de traballadores e traballadoras, a incorporación de representantes sindicais nos órganos de dirección das caixas de aforros, e outras ciladas utilizadas para desmontar pedra a pedra o  feble Estado de Benestar a favor da cotización dos mercados. Unha calculada saga de decadencia e claudicación que tivo o seu último episodio nos axustes estruturais, desregulacións reaccionarias e recortes de dereitos laborais aplicados durante a crise de 2008 que sistematizaron a desigualdade e a precariedade de traballadores, pensionistas e parados. Co colofón neocolonial da reforma exprés da Constitución imposta pola troika a Rodríguez Zapatero para garantir o pagamento da débeda financeira sobre calquera outra emerxencia social. Foi o derradeiro hurra?

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: