Feijoó lecciona e non responde. O presidente galego @Feijoo rexeitou responder nunha rolda de prensa porque seica “foi perguntado por un ‘xornalista fotográfico’ @rtve sobre #VenresNegro30CRTVG.
Feijóo, 13/12/2018: “Eu contestáballe con moitísimo interés, pero a miña obriga é contestarlle aos periodistas”. Segundo Feijoó a súa obriga é contestar aos xornalistas non-fotogràficos. Para Feijoó quen tira unha foto non informa, logo debe permanenecer calado. A concepción propagandística da información que aniña neste marco mental leva ao reduccionismo de funcións, a unha visión clasista alérxica a quen fura para fora a lingua.
Talvez o que o presidente quería era que lle pediran permiso para preguntar, cunha pregunta deste estilo:”Está de acordo que deixe a cámara de fotos e lle faga unha pregunta que inclua o hastag #VenresNegro30CRTVG ?” Desleixando a pregunta de Ovidio Fernández, un coñecido reporteiro gráfico que lle preguntou sobre o conflito na @crtvg o que Feijoó pón de relevo é o seu desprezo polo dereito á información dos galegos e galegas. Non son os xornalistas os receptores últimos da información, escriban ou tiren fotos, mas os cidadáns. Porén, como unha búsola de notabel precisión, o paradoxo é que Feijoó respostou ao seu pesar, á pregunta do reporteiro: quen non responde xa pregunta, quen hai aquí que goberne? A calada por resposta fica á vista. O falar por acenos ten un sentido inequívocamente nídio. Abonda ollar o aceno absolutamente banal e adoecido, ver o que di e escoitar o que fai, mentres cadra os folios con grande boureo. Unha escape room que espaventa.
https://twitter.com/i/status/1073258548153454593
A reacción nas redes foi imediata. O Colexio de @xornalistas vén de tómarlle a palabra a Feijoó e “xa que representamos máis de mil periodistas”, reitéralle desde o Twitter a pregunta do reporteiro gráfico de TVE @ovifes, á que nos aderimos: ten previsto tomar algunha medida ou merécelle algún comentario o venres negro 30 na CRTVG?
Carlos Jiménez, redactor da @RadioGalega, #EuTaménReiteroPregunta: @FeijooGalicia, ante o #VenresNegro30CRTVG na @CRTVG, ten pensado tomar algunha medida ao respecto ou facer algún comentario? #30SemanasSenResposta pic.twitter.com/7CRUegzJ6H
— DefendeAGalega (@DefendeAGalega) December 14, 2018
Hai hoxe cinco meses que acabaron os Viernes Negros en @rtve. Na @TVGalicia e na @RadioGalega continuan co #VenresNegro30CRTVG e levan xa #30SemanasSenResposta.