off
Editorial, Galiza, Redes sociais, Tecnologias da informação — 14 Decembro, 2018 at 10:12 a.m.

Ten previsto tomar algunha medida ou merécelle algún comentario o venres negro 30 na CRTVG?

by

Feijoó lecciona e non responde. O presidente galego @Feijoo rexeitou responder nunha rolda de prensa porque seica “foi perguntado por un ‘xornalista fotográfico’   sobre   #VenresNegro30CRTVG.


Feijóo, 13/12/2018: “Eu contestáballe con moitísimo interés, pero a miña obriga é contestarlle aos periodistas”. Segundo Feijoó a súa obriga é contestar aos xornalistas non-fotogràficos. Para Feijoó quen tira unha foto non informa, logo debe permanenecer calado. A concepción propagandística da información que aniña neste marco mental leva ao reduccionismo de funcións, a unha visión clasista alérxica a quen fura para fora a lingua.

Talvez o que o presidente quería era que lle pediran permiso para preguntar, cunha pregunta deste estilo:”Está de acordo que deixe a cámara de fotos e lle faga unha pregunta que inclua o hastag #VenresNegro30CRTVG ?” Desleixando a pregunta de Ovidio  Fernández, un coñecido reporteiro gráfico que lle preguntou sobre o conflito na   o que Feijoó pón de relevo é o seu desprezo polo dereito á información dos galegos e galegas. Non son os xornalistas os receptores últimos da información, escriban ou tiren fotos, mas os cidadáns. Porén, como unha búsola de notabel precisión, o paradoxo é que Feijoó respostou ao seu pesar, á pregunta do reporteiro: quen non responde xa pregunta, quen hai aquí que goberne? A calada por resposta fica á vista. O falar por acenos ten un sentido inequívocamente nídio. Abonda ollar o aceno absolutamente banal e adoecido, ver o que di  e escoitar o que fai, mentres cadra os folios con grande boureo. Unha escape room que espaventa.

https://twitter.com/i/status/1073258548153454593

A reacción nas redes foi imediata. O Colexio de vén de tómarlle a palabra a Feijoó e “xa que representamos máis de mil periodistas”, reitéralle desde o Twitter a pregunta do reporteiro gráfico de TVE á que nos aderimos: ten previsto tomar algunha medida ou merécelle algún comentario o venres negro 30 na CRTVG?

Hai hoxe cinco meses que acabaron os Viernes Negros en . Na e na continuan co e levan xa  .

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off