off
Ecoloxía, Meio ambiente, Mundo, Natureza — 14 Decembro, 2018 at 12:44 p.m.

Nadando con candorcas

by

Imaxine que está a nadar na Frouxeira, de repente, tres candorcas o cercan. Foi o que aconteceu cunha rapaza na Nova Zelandia, encanto nadaba na praia de Hahei, no norte do país. A cena foi capturada polo dron do fotógrafo Dylan Brayshaw, e as imaxes deran a volta ao mundo polo aparente sosego da rapaza. Lonxe de ficar alarmada ou liscar da auga a fume de carozo, a nadadora decide seguir o xogo das candorcas, que a seguen no que parece ser unha danza inofensiva e familiar.

Sona de ‘baleas asasinas’

As candorcas son as maiores espécies da família dos golfiños e, historicamente, tamén son coñecidas polo alcume de “baleas asasinas”. Aliméntanse de peixes e, ás veces, tartarugas mariñas ou pequenos mamíferos. Apesar da alcuña, as candorcas son animais pacíficos se non foran atacados e lles for permitido viver libremente. O documentário ‘Blackfish’ é famoso, e retrata as consecuencias do cativeiro nesas espécies. O caso mais famoso foi o da orca Tilikum, que estivo envolvida na morte de tres persoas e expón o sofrimento a que estes animais estan expostos se estiveren fechados en acuarios.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off