off
Cedeira, Política local, Saúde — 14 Decembro, 2018 at 8:16 a.m.

Cedeira exixe da Xunta un “centro de dia” con unha campaña de recolla de asinaturas

by

O Concello oferece os terreos para a realización da obra e conta co apoio e a colaboración do tecido asociativo


[Pingota Comunicación] O Concello de Cedeira vén de poñer en marcha unha campaña de recollida de asinaturas demandando á Xunta a creación dun Centro de Día no municipio, “por carecer a día de hoxe dun centro público que dea apoio nin aos 125 veciños declarados dependentes nin ás persoas que teñen que exercer o papel de coidadoras”. A cámara municipal conta co apoio e a colaboración do tecido asociativo para acadar o obxectivo  de dotar os servizos cun “·centro de dia”. De feito, os veciños e veciñas que queran secundar esta iniciativa poden facelo nas sedes sociais de Eixil, Sobre rodas, Rondalla de Cedeira, Virxe do Mar, Veciñanza de Piñeiro, Discalz@s polo Festival, Amas de Casa, Vila de Cedeira, Robaleira, Museo Mares de Cedeira, Patchwork de Cedeira, Asociación de Maiores, Cultural Garola, Acordeóns de Cedeira, Tarroiba, Coral Herbeira e Aturuxeiras, así como no propio Concello, no Palacete, na oficina dos Servizos Sociais e máis no polideportivo. A través do escrito que xa se está a repartir, o executivo local tamén pon de manifesto o seu compromiso de colaborar coa Xunta na realización do proxecto poñendo á súa disposición os terreos necesarios para a realización dunha obra que “axudaría a solucionar os problemas de atención e coidado que requiren as persoas dependentes e as consecuencias que acaban sufrindo as coidadoras”.


Este texto é un servizo da axencia Pingota Comunicación. O Ollaparo non interveu na selección, nen no editorial, nen no contido da notícia.


 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off