off
Agro, Cedeira, Ecoloxía, Medio ambiente — 12 Decembro, 2018 at 08:05

Cedeira estende a reciclaxe en orixe

por

[Pingota Comunicación] Un total de 160 fogares de Cedeira, na súa maioría na zona rural, xa reciclan en orixe, segundo informa o goberno municipal, tras a adquisición das últimas 20 unidades de composteiros de 350 litros de capacidade, fabricados en materiais reciclados e con manuais didácticos de apoio. A devandita cantidade súmase aos 60 que xa estaban en funcionamento e aos 80 que, por iniciativa municipal, se levan adquiridos nos últimos tres anos.

Desde o executivo cedeirense vénse apostando por unha política respectuosa co medio ambiente, xa sexa coa substitución das lámpadas de vapor de sodio por outras de tecnoloxía led como polo tratamento en orixe do 42% da materia orgánica que vai das bolsas ao contedor. Tanto as emisións de CO2 están a ser reducidas, como a frecuencia do servizo de recolha e transporte para a estación de tratamento é reduzida a factura que a cámara nunicipal tende pagar à Sogama polo tratamento de resíduos. Alén diso tamén se está a xerar compost e alimento para o gando. Estimase que cada cidadá compostando orgánicos – en vez de introduci-los no ciclo de lixo – economiza por volta  de 155 quilos de emisións de CO2 na atmosfera por ano. Por outro lado, a compostagxe impede que os municípios coleten e transporten resíduos orgánicos, unha vez que eses resíduos son tratados onde son producidos.



 				

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: