off
Galiza, Política, Politica espanhola — 11 Decembro, 2018 at 1:01 p.m.

Após dez anos sen transferencias, primeira votación no Congreso para traspasar a AP-9 a Galiza

by

A Cámara Baixa debaterá e votará levar a consideración a lei do traspaso da AP-9, procedimento indispensabel mas os populares  sempre teimaran en impedir.  Fomento vén de anunciar que baixará un 30% a peaxe das nove autoestradas resgatadas a partires do 15 de xaneiro, seis delas en Madrid.


Esta tarde será debatida e votada a Proposición de Lei Orgánica de transferencia da titularidade e competencias de la AP-9 a Galiza (corresponde ao número de expediente 125/000004 da XI Lexislatura) presentada polo Parlamento de Galiza.

En maio de 2018  o Parlamento de Galicia aprobara por unanimidade, e por terceira ve unha proposición de lei do BNG para reclamar a transferencia á Xunta das competencias sobre a Autoestrada do Atlántico. O 14 de outubro de 2016 o Goberno de Mariano Rajoy xa levaba dez meses en funcións mas manobraba para vetala forzando o artigo 134.6 da Constitución, que permite ao Goberno de España frear unha lei no Congreso se afecta aos gastos ou ingresos previstos no Orzamento do ano en curso, algo que o texto galego non facía.  O Tribunal Constitucional declaraba ilegal que o Goberno central vetara debates lexislativos no Congreso alegando futuras e inconcretas repercusións nos orzamentos do Estado.

“..unha espiña dorsal que conecta toda a franxa atlántica e catro das sete cidades galegas, porén, a AP-9 segue dependendo do goberno central, que mantén peaxes exorbitantes que limitan o acceso a este camiño para persoas con menos recursos e ralentizar o desenvolvemento de sectores da economía galega” ,afirmase na exposición de motivos da Proposición

A proposición de lei presentada polo BNG seguiu  o seu trámite parlamentario, co obxectivo de conseguir a xestión desde Galiza da autoestrada, acabar coa estafa das tarifas desorbitadas e poñer fin aos abusos da concesionaria, para que a AP9 deixe de ser un gran negocio para AUDASA e pase a estar ao servizo dos galegos. Despois daquel veto aínda ian chegar máis dous do Goberno Rajoy. O primeiro contra unha versión anovada da mesma lei tamén avalada pola unanimidade do Parlamento galego e  o segundo contra  unha proposta formulada no mesmo sentido por En Marea  no Congreso.

O PP seica vota agora  prol do traspaso porque o Goberno de Sánchez accedeu a transferir a AP-1 a Euskadi

Os tres vetos do Executivo popular alicerzaban en cálculos económicos errados xa que apuñan razóns que non se corresponden coa realidade como que a AP-9 conecta con Portugal e, en última instancia, utilizaban o devandito recurso constitucional dun xeito incorrecto e excesivo, como constatarían despois os servizos xurídicos do Congreso.

 

AP-9, pésimo servizo, altísimas taxas e mais de 2.250 millóns de euros de gaño para  AUDASA desde 1979

 

Case 40 anos da AP-9 desde a sua inauguración, extensións sucesivas da concesión que se estenden a 75 anos en 2048 , alternancia entre público e privado, mais de 2.250 millóns de euros ingresados por AUDASA desde o primeiro treito da AP-9 foi inaugurada en abril de 1979. Felipe González estendeu a concesión até 2023, alargouse até Ferrol despois do accidente do Discoverer Enterprise na Ponte das Pias, concesión alargda até 2018 polo goberno de Aznar que en 2003 privatizou novamente a AUDASA, cando era a autoestrada mais rentábel do Estado. Porén, é unha estrada estatal que atinxe unha parte moi importante do territorio galego “unha espiña dorsal que conecta toda a franxa atlántica e catro das sete cidades galegas, porén, a AP-9 segue dependendo do goberno central, que mantén peaxes exorbitantes que limitan o acceso a este camiño para persoas con menos recursos e ralentizar o desenvolvemento de sectores da economía galega” ,afirmase na exposición de motivos da Proposición

E retencións quilométricas, ano após ano, para pagar as portaxes mais caras que nin Fomento nin AUDASA foron quen de explicar. Todo verán, quilómetros de retenciónss son sofridos nas áreas de pagamento de portaxe, o que significa horas en itinerários que levan alguns minutos. O prezo do pedáxio non varia por esta circunstancia, isto é: os usuários pagan por un servizo que non receben. E pagan moito, xa que estamos falando de 12,60 euros para unha viaxe de ida e volta entre A Coruña e Santiago de Compostela (menos de 70 km), e 30,70 euros se for entre A Coruña e Vigo (menos de 160 km). A AP-9 arrecadou 1 millón de euros  cada 3 dias (case 60 millóns de euros no primeiro semestre de 2014)

A resposta da Xunta e do Ministério sempre levou mais en conta o calendário eleitoral que a situación. O de sempre, un conflito desigual de intereses xerarquizados entre administracións da mesma parte, do mesmo partido, en vez de solucións para un problema sério e persistente que nega a Galiza o seu autogoberno, unha competencia de seu que sen dúbida melloraría a prestación do servizo.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off