off

Oodi Helsinki Central Library: a Biblioteca como ágora dunha nova era

por

Esta nación de lectores xa ten a biblioteca do futuro, un “espazo de encontro vivo” con robots, un cinema e un “nerd loft”


Finlandia, o país máis alfabetizado do mundo, tamén é coñecido polo seu amor polo deseño progresivo e inesperado, desde o seu mais recente Novo Museu de Arte Underground, Amos Rex, até a Kamppi Chapel of Silence. Agora, unha biblioteca de nível superior está a consolidar  ainda mais Helsinki como a capital da cultura moderna.

Ao final da década, os ambientes de traballo das persoas nas cidades van mudar de forma significativa. Aínda que a maior parte do traballo aínda se realiza no lugar de traballo primario (oficina) ou nos centros de traballo secundarios (por exemplo, as instalacións de pareceiros, clientes e subcontratistas), preveuse que en 2017 até o 50% o s traballos de oficina serán feitos en terceiros lugares de traballo (por exemplo, en hoteis, cafetarías e locais de congresos).

Esta necesidade de terceiros postos de traballo xa é posibel nas instalacións da biblioteca do centro da cidade de Helsinki deseñada por Finland’s ALA Architects. As necesidades portátiles  dos cidadáns foran escoitadas e as instalacións, mobiliario e tecnoloxía desenvolvidas. Antes, os usuarios reservábanse unha computadora que poderían usar, porén  os traballadores portátiles de hoxe esperan reservar cómodos asentos, puntos de encontro, impresoras sen fíos e lectores de tarxetas de memoria. Os materiais de oficina máis tradicionais, como grapadoras e perforadores, tamén están dispoñibles para a forza de traballo móbil. As instalacións da Oodi poden ser usadas para realizar exposicións, eventos pop-up, shows e performances, entre outras cousas.

 A Biblioteca Central: o lugar de traballo máis popular de Helsinki?

O terceiro lugar de traballo máis popular de Helsinki será na próxima Biblioteca Central. Con conexións dende a Biblioteca Central até a estación ferroviaria, o metro e a liña ferroviaria ‘Pisara-rata’ permiten que sexa unha oficina e lugar de encontro urbano tanto para os residentes da cidade coma para os estranxeiros. As estacións de traballo, salas de reunións, estudos e salas de traballo en equipo pódense reservar con antelación, e os usuarios tamén poden especificar o tipo de equipamento técnico que necesitarán na sala.

Talvez o sinal máis revelador de que esta non é unha biblioteca tradicional é a flota de bibliotecarios robot que axudará a devolver os libros ao andeis, deixando máis tempo para que os bibliotecarios humanos interactúen cos visitantes. Un oodi (oda en finlandés) do amor do país pola innovación, haberá un “nerd loft”, un lugar designado para a interacción interxeneracional,  para crear, ler, relaxarse e participar en obradoiros colaborativos de vangarda.

A sala lectura do terceiro andar ten nove árbores vivas.

Ainda que esta biblioteca de 98 millóns de euros só utilizará un terzo do seu espazo para almacenar libros, 100.000 volumes en total, os usuarios da biblioteca terán acceso a case 3.4 millóns de rexistros no seu sistema de consulta bibliotecaria liña. Literatura e tecnoloxía de brazo dado:  biblioteca promoverá a cultura dixital e tamén os estudos insonorizados para a produción de música e video, impresoras 3D, unha zona de xogos (con auriculares VR), espazos de traballo e reunión e un cine.

Concepto obxecto de aprendizaxe: oficina aberta na baía de Töölönlahti

Hai decenas de estacións de traballo móbiles no vestíbulo inferior da biblioteca, dispoñibles tanto para uso individual como para o uso de pequenos grupos. Na oficina urbana, hai zonas de traballo silenciosas e espazos para conversa. Se o desexan, os utentes da oficina urbana poderán distribuír información sobre eles mesmos e os seus traballos a outros usuarios das instalacións e así buscar tamén novos socios de cooperación.No terceiro andar hai instalacións para eventos infantis e para toda a família. No segundo andar O Cubo (Cube) é un espazo de 100 metros cadrados con paredes de vidro intelixentes. A instalación pode ser usada para seminários virtuais, workshops ou palestras, por citar algunhas opcións.  Pódense realizar reunións, eventos e exposicións reservando instalacións de grupo (10 salas de vários tamaños). Pódense tocar, gravar e editar músicas , tirar fotos de estúdio, facer multimedia e ser criativo de várias maneiras. Os estúdios e estacións de trabalho gráfico poden ser reservados para uso privado ou compartillado, con dotación de equipamentos amadores de alto nível.

No verán, as paredes de vidro das instalacións ábrense sobre a baía de Töölönlahti . No primeiro andar, o salón multiuso e o cinema: Este andar con unha área movimentada ten unha grande sala de estar e un cinema disponíbel para exibicións e outros eventos.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: