off
Europa, Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 1 Decembro, 2018 at 11:03 a.m.

Sánchez e Turull comezan unha greve de fame para denunciar os obstáculos do Tribunal Constitucional ao Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos

by

O presos políticos catalás o comunicaran esta mañá desde o Centro Penitenciário de Lledoners sen determinar sua duración, para denunciar a vulneración de dereitos e os obstáculos do Tribunal Constitucional ao Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos.

O exlider da Asemblea Nacional Catalá e presidente de JxCat, Jordi Sànchez, e o deputado de JxCat Jordi Turull encetaron este sábado unha greve de fame para prostestar pola súa situción xurídica e, concretamento, para denunciaren os atrancos que achan está a pór o Tribunal Constitucional para accedir ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH).

Para ir a Europa, a lexislación esixe o esgotamento de todos os órganos xudiciais internos do Estado e, até que tomen unha decisión, non se abre a posibilidade de dirixirse con éxito a Estrasburgo. Por un ano, o TC acordou estudar todos os recursos de protección dos prisioneiros políticos, mas non resolveu ningún deles, que, argumentan, lonxe de ser un feito positivo, é unha estratexia do tribunal superior para previr chegaren ao TEDH. Soérguense nos datos: o TC só acepta estudar algo máis do 1% dos recursos de protección que lle chegan.

Difunden a primeira foto dos presos políticos catalás desde Lladoners

Esta  sexta-feira o Òmnium Cultural difundiu a primeira fotografia xunto a un comunicado dos presos políticos  do cárcere de Lledoners co obxectivo “trasladar unha mensaxe de unidade e serenidade”. Durante a semana debateran as opcións a tomaren e houbo desavinzas. Segundo o xornal ARA, fontes  do Òmnium suliñan o papel  de Jordi Cuixart comoa element cohesionador para trasladar a imaxe de unidade. No comunicado,os presos destacan a “pluralidade” que os caracteriza e fan un aviso a navegantes polas posíbeis medidas que poden comezar desde xa: “Comprometemos respectar todas as opcions personais para reivindicar e denunciar a inxustíza deste  proceso xudicial”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off