off
Cedeira, Cultura, Galiza — 30 Novembro, 2018 at 1:27 p.m.

Conferencia do arqueólogo Angel Villa sobre cronoloxía das saunas castrexas e datacións de Carbono 14

by

O vindeiro 14 de decembro, ás 20 h no Auditorio de Cedeira, o arqueólogo asturiano Angel Villa  Valdés ditará unha palestra  sobre a cronoloxía das saunas castrexas, a datación de Carbono 14 e contexto arqueolóxico.


Recente descubrimento dunha sauna de vapor na excavación do Castro do Sarridal(Cedeira) realizada por Emilio Ramil

Ángel Villa, arqueólogo do  Museo Arqueolóxico de Asturias, reesponsabel das excavacións de Chao Samartín, dirixiu o Plan Arqueolóxico do Navia – Eo, programa polo cal se planificaron durante a última década as intervencións arqueolóxicas nos depósitos do occidente asturiano, tanto en tarefas de escavación coma de conservación, restauración e musealización. Desenvolve a súa investigación en ámbitos diversos da Prehistoria e Antigüidade con particular atención ao mundo castrexo e a minaría aurífera antiga, temas sobre os que versou a súa Tese Doutoral. Foi responsable de traballos arqueolóxicos en castros do oeste de Asturias como Coaña, Pendia ou Chao Samartín. Participou como investigador en varios proxectos I+D, patrocinados polo Ministerio de Cultura e o Principado de Asturias, colaborando con institucións como o Consello Superior de Investigacións Científicas, a Universidad Autónoma de Madrid, a Universidad de Oviedo, a Casa de Velázquez de Madrid ou a Mercyhursts University (USA). É autor dun centenar de artigos científicos e membro correspondente do Real Instituto de Estudios Asturianos e un dos maiores expertos en saunas castrexas. O recente redescubrimento dunha sauna castrexa no Campo do Castro ou do Sarridal de Cedeira, construccións empregadas como edificios termais próprios e orixinarios da cultura dos castros, volveu pór de actualidade un fenómeno único na prehistoria europea.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off