off
América, Globalización, Politica internacional — 28 Novembro, 2018 at 12:46

Cantos foran realmente os “catro índios” que Borrell afirma mataran nos Estados Unidos?

por

Historiadores estiman que millóns de nativos americanos foran mortos por colonización europea.

O ministro dos Exteriores español, Josep Borrell, afirmou na Universidade Complutense de Madrid que os Estados Unidos ten a oportunidade de participación e intervención política porque seica “falan un só idioma” e por que  “naceran dunha independencia prácticamente sen historia”. Algo, por outra parte, incerto no contexto de destrucción dos pobos indíxenas que asistiran ao exercicio dos Estados Unidos para “construir un estado-nación” segundo esa obertura á infinitude temporal cara atras e cara adiante que corresponde, lembra Hanna Arendt, a unha consciencia histórica prometeica que cuestiona o mito fundacional a partires de un punto de partida definido, sagrado, de fasquía romana.Quer dicir, o que chamos tradición occidental como fundacion grecoromana vinculante.

Afirma o ministro Borrell que “a única cousa eles tiñan feito era matar catro índianos, alén diso, era moi fácil “. Borrell ven aderirse así ao que o filósofo Enrique Dussel denomina “ocultación do Outro”, do “cuarto mundo”, de quen opuxo coa súa mera existencia “oposición” á “modernización” e “cristianización”. O mito irracional da modernidade  que se foi aplicando infalibelmente desde a conquista de América (xenocidio do amerindio), ao escravismo africano, á “guerra do opio” na China, a infame  Fame de Bengala de 1943-1944 administrada polos británicos e até na Guerra do Golfo Pérsico. Costa poñerse diante do espello do próprio pasado colonial. Esa verdade inconveniente que non aparece nos libros didácticos. A dinámica aquí non é moi diferente da evidente na configuración dos estados-nación na Europa e a sua renuencia a ceder soberania ás nacións, verdade?  Ao cabo, a descolonización significa que os colonizados podan exercer o dereito á separación total, total o parcial, segundo o achar axeitado. E non é isto último o que Borrell in the West quería negar,ao cabo?

Ben, os “catro indianos”, na verdade, segundo os historiadores, son millóns. As estimativas varian debido á falta de fontes de censo. Calcúlase a populación nativa americana antes da colonización  entre 5 e 10 millóns de persoas. En 1900, habia menos de 300.000.  Os colonizadores da América do Norte – que chegaran ao continente  na procura  de ouro, fuxindo da persecución política e relixiosa ou, simplesmente, para reconstruir a vida deixando para trás unha Europa abalada pola industrialización destruíran o habitat dos pobos nativos. A principal causa do extermínio da populación indíxena foran doenzas e desnutrición seguidas de guerras e desapropriación de terras a troca de lambetadas, sucre e alcohol.

Ward Churchill, profesor de estudos étnicos da Universidade do Colorado, descrebe a história dos nativos norte-americanos como “un grande xenocídio, o mais sustentado do que se ten evidencia”. De acordo con Lenore A. Stiffarm e Phil Lane Jr., “non hai outro exemplo mais monumental de xenocídio sustentado – que atinxa  unha ‘raza’ de persoas tan ampla e complexa como esta – nos anais da história da humanidade “. Até o final do século 19, os confrontos armados tamén ocorreran. En 1775, o rei Xurxo II da Gran-Bretaña instou os colonos a “aproveitar todas as oportunidades para perseguir, capturar, matar e destruir todos eses índios”. Para cada cabelo de Indian Penobscot 50 libras (25 eran unha mulher e 20 eran pagas se fose un meniño ou unha meniña con menos de 12 anos). Un irracionalismo que a modernidade forneceu a escala mundial. Seguindo a Dussel:  etnocentrismo como  superioridade de Europa sobre as outras razas e culturas periféricas (eurocentrismo), ad extra, con dos holocaustos (o holocausto da conquista de América, con máis de quince millóns de indianos exterminados; o do escravismo, con trece millóns de africanos (más do 30% morria no transporte transatlántico) e como corolario  ad intra do eurocentrismo racista,  o exterminio sistemático de 7 millóns de xudeos e o porajmos de 220.000 a 500.000  xitanos.

A declaración de Borrell xerou inúmeras reaccións nas redes, como a de Ruth H. Hopkins, escritora dos Dakota Sioux

https://twitter.com/RuthHHopkins/status/1067556773203193856

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: